Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 591 novas da área temática Consumo:

03/03/2023 | 15:07 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a produción alimentaria ecolóxica da nosa comunidade na cuarta edición da Feira Biocultura da Coruña

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria colabora co evento a través da organización de varias actividades relacionadas coa produción ecolóxica de horta, ecodeseño de embalaxes e incluso demostracións de cociña

17/02/2023 | 11:06 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará a indicación xeográfica protexida Pan galego nun partido de baloncesto en Ourense

Será no encontro que se disputará mañá entre o Clube Ourense Baloncesto e o Leyma Coruña no Pazo de Deportes Paco Paz

15/02/2023 | 14:41 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

A Xunta anima a consumir peixes e mariscos galegos nas rutas gastronómicas da campaña ‘Galicia sabe aMar’ que chegará a toda España

Os catro itinerarios pasarán por un total de 260 municipios vencellados co Camiño de Santiago e que suman arredor de 13 millóns de habitantes

13/02/2023 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a transformación dixital e a modernización dos comercios vigueses

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Vigo os establecementos Muebles Edra e Bajozerosnow, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por preto de 200.000€ en 52 negocios da cidade

07/02/2023 | 19:24 | C. do Medio Rural

Galicia notifica un caso illado de encefalopatía esponxiforme bovina (EEB) sen transcendencia para a saúde pública ou a sanidade animal

A cepa detectada no concello pontevedrés da Estrada é a forma atípica de EEB que aparece de forma natural e esporádica

28/01/2023 | 11:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas do Bono Enerxía Peme coas que se prevé mobilizar 6 M€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en Ourense a tenda Angelo Milano, que participou nunha edición anterior desta iniciativa que facilita a incorporación de equipamento máis eficiente e a redución da factura eléctrica dos establecementos

24/01/2023 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Activa Comercio da Xunta permitiu mobilizar preto de 930.000 euros nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Máis da metade do capital mobilizado na área, concretamente 525.000 euros, correspóndense coa cidade de Ferrol, na que 126 negocios se sumaron a esta iniciativa e o importe de bonos trocados ascendeu a máis de 96.000 euros

20/01/2023 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta valora que o Alcampo de Vialia Vigo se converta no primeiro hipermercado autorizado para elaborar e vender a IXP Pan galego

Preto dunha vintena de panadarías están rexistradas nesta indicación xeográfica protexida, das cales tres están localizadas na cidade de Vigo

18/01/2023 | 16:10 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro presenta en Fitur os Plans de Sostibilidade Turística que dinamizarán o sector enogastronómico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada dos delegados territoriais de Ourense e Pontevedra, presentou os Plans de Sostibilidade Turística de Enogastronomía dos xeodestinos de Valdeorras e Ría de Vigo e Baixo Miño dotados cada un con 1,5 M€

14/01/2023 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará en Fitur 2023 os produtos alimentarios galegos con indicativo de calidade

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural programou para esta feira de turismo diferentes actividades dentro do espazo institucional galego