Actualidade
Buscador de novas
A Xunta demanda ao Goberno de España claridade e información certeira sobre cantos trens Avril vai destinar a Galicia e cando se poderán comprar billetes
Vázquez Mourelle sinala que a Xunta descoñece se os convois que Talgo dixo que entregará en novembro son de ancho desprazable, se esas primeiras unidades se destinarán a Galicia e se se entregarán á comunidade os 7 Avril que demanda a Xunta
A Xunta publica a aprobación do proxecto de mellora de 40 paradas de autobús situadas en estradas autonómicas nas rutas de acceso á cidade de Ourense
As melloras levaranse a cabo en 9 estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Castro Caldelas, Coles, Esgos, Larouco, Laza, Maceda, Ourense, Petín, A Rúa, Verín e Viana do Bolo
A Xunta publica a aprobación do proxecto de mellora de 64 paradas de autobús en estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas
As melloras realizaranse en 14 vías autonómicas ao paso polos concellos de Ames, Brión, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Santa Comba, Vimianzo e Zas
A Xunta habilita desde o día 5 de xuño unha liña de autobús entre Vigo,O porriño e os polígonos industriais da Granxa e das Gándaras
A nova liña dará resposta ás necesidades de mobilidade daquelas persoas que se despracen por motivos laborais cara a estes parques empresariais
A Xunta adxudica por máis de 1,3 M€ as obras de mellora de 55 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade da Coruña
Estas intervencións permitirán actuar nas paradas correspondentes á zona oeste de acceso á cidade situadas en 6 estradas autonómicas ao paso por 7 concellos das comarcas da Coruña e de Bergantiños
A Xunta publica hoxe a aprobación dos proxectos para mellorar 69 paradas de autobús nos concellos de Ares, Fene, Mugardos e Neda
Trátase de actuacións en 8 estradas autonómicas das rutas da zona sur de Ferrol para dotar as paradas de marquesiñas, mellorar a accesibilidade, ofrecer información en braille, incrementar a visibilidade e disposición de iluminación
A renovación do firme na autovía Santiago-Brión e na vía de altas prestacións Pardiñas-As Galanas obrigará a vindeira semana ao corte do tráfico en distintos enlaces
Entre o luns día 8 e o venres día 12 actuarase nos enlaces de Bertamiráns norte, Bertamiráns este, Biduído e Pardiñas
A Xunta publica hoxe unha nova convocatoria de axudas á compra de bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido para cadeiras de rodas, que poden solicitarse desde o 1 de xuño
Vázquez Mourelle explica que esta convocatoria, para os anos 2023 e 2024, ten un orzamento de 1,7 M€ para continuar co fomento da adquisición de bicicletas eléctricas
A Xunta recibe 7 ofertas de empresas para executar un aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido na PO-546 en Lourizán, en Pontevedra
O novo aparcadoiro, licitado por 350.000 € construirase na vía autonómica, no tramo entre o acceso ao Pazo de Lourizán e a intersección co núcleo do Rozo
A Xunta convoca as axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías, dotadas cun orzamento de 6 M€
Trátase de incrementar a eficiencia destas empresas e do sistema de transporte por estrada, mediante a dixitalización, a sustentabilidade, a conectividade, a renovación dos sistemas e a introdución de novas tecnoloxías no sector