Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.045 novas da área temática Infraestruturas:

06/08/2026 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da senda que unirá Arteixo e Lañas, que supoñen un investimento de máis de 860.000€

O novo itinerario, de uso compartido peonil e ciclista, estenderase ao longo de máis dun quilómetro de lonxitude na estrada AC-552 e conectará coas beirarrúas existentes

05/08/2026 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 300.000 euros en obras de rehabilitación da drenaxe na PO-331 e na PO-532

O delegado territorial anunciou hoxe en Ponte Caldelas que a obra sairá mañá a información pública

05/08/2026 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/08/2026 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras do último treito para completar a autovía entre Lugo e Sarria, que supoñen un investimento de 37,7M€

A Administración autonómica comeza o desdobramento do treito de 13,5 quilómetros entre a glorieta de Nadela e o enlace da Pobra de San Xiao, para convertelo en autovía

05/08/2026 | 13:04 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a reforma do centro de saúde de Oca, á que a Xunta e o concello da Estrada destinan 154.000 euros, como un exemplo máis da aposta do Goberno galego pola atención primaria

A Consellería de Sanidade e o Concello financiarán a partes iguais a reforma, que permitirá mellorará a atención sanitaria que se presta á veciñanza deste municipio

05/08/2026 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora da contorna do Centro de Estancia de Agrelo, no concello do Campo Lameiro, por preto de 372.000 euros

A actuación enmárcase no Plan Hurbe da Xunta e completará este equipamento municipal coa urbanización da parcela que rodea o edificio e a habilitación dun acceso peonil e rodado ás instalacións

05/08/2026 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 383.000 euros a obra de mellora de itinerarios peonís en Lestedo, no concello de Boqueixón

Trátase de executar as obras de integración urbana das vivendas situadas nas proximidades do lugar de Lestedo con intervencións centradas na rúa Castrelo e na avenida do Vinteseis

04/08/2026 | 17:16 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 73.000 euros na mellora das infraestruturas rurais no Concello de Crecente

Esta localidade recibiu esta achega económica ao abeiro das axudas destinadas a mellorar os servizos básicos no rural e fixar poboación

04/08/2026 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do campo destaca o investimento de preto de 1,1M€ no asfaltado de dous treitos da AC-960 ao longo de 13,6 quilómetros que se están executando ao seu paso por Boqueixón

A representante do Goberno autonómico destacou que esta intervención permite renovar esta infraestrutura moi utilizada tanto polas veciñas e veciños como polos numerosos vehículos que circulan diariamente por esta zona

04/08/2026 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para as obras da senda peonil e ciclista na PO-313 entre Cadro e Cadrelo, no Concello de Marín, nas que inviste máis de 740.000 €

O itinerario esténdese ao longo preto dun quilómetro na marxe esquerda da estrada PO-313 e os traballos incluirán outras actuacións, como unha parada de autobús e varios treitos de varanda no percorrido