Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.701 novas da área temática Sanidade:

22/09/2026 | 15:33 | C. de Sanidade

A Xunta informa de que mañá mércores só o interior de Pontevedra estará en alerta amarela por episodio de calor

Segundo a predición de Meteogalicia, durante o mércores continuará a influencia das altas presións sobre Galicia

22/09/2026 | 14:45 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 1,6 M € a compra de materiais para a realización de determinacións de hemoglobina glicosada para a área sanitaria da Coruña e Cee

Este material terá como destino o Servizo de Análises Clínicas e permitirá o diagnóstico, seguimento e control de pacientes diabéticos tipos I e II

22/09/2026 | 14:40 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde salienta a solidariedade da cidadanía, que situou Galicia como a terceira comunidade con maior taxa de doazón de sangue en 2025

Luis León lembra que en 2025 Galicia acadou unha taxa de doazón de sangue cun índice de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, cinco puntos por riba da media estatal

22/09/2026 | 13:41 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 62.000 € a subministración sucesiva de probas rápidas para a diagnose en fluído oral de VIH e o virus da hepatite C

Estes test permiten acadar un diagnóstico precoz das enfermidades, posibilitando o inicio temperá do seu tratamento

22/09/2026 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta recibe sete ofertas para as obras da fase 2.1 do Novo Chuac, que abrangue a escavación, o movemento de terras e a valorización de materiais

Esta actuación, licitada por preto de 52,2M€, constitúe unha fase esencial dentro do proceso de desenvolvemento do Novo Chuac, xa que permitirá preparar os terreos sobre os que se executará a futura ampliación

22/09/2026 | 12:59 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta a aposta da Xunta por facer de Vigo o motor da integración da enxeñería biomédica na sanidade pública coa creación da categoría profesional e a convocatoria das primeiras prazas estables

Eloxia a excelencia da Universidade de Vigo no ámbito das enxeñerías sumada á capacidade asistencial, tecnolóxica, docente e investigadora do Hospital Público Álvaro Cunqueiro para formar novos profesionais

22/09/2026 | 09:42 | C. de Sanidade

Máis de 16.200 galegos e galegas figuran como inscritos no rexistro de doantes de medula ósea

Entre o 1 de xaneiro e o 15 de setembro deste ano, 455 cidadáns incorporáronse ao REDMO

21/09/2026 | 20:15 | C. de Sanidade

A Xunta informa de que mañá martes se mantén a alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra

Ademais, a alerta amarela afectará as zonas do noroeste, interior e suroeste da Coruña, á montaña de Ourense e ás Rías Baixas

21/09/2026 | 15:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta amplía o cribado poboacional do cancro de cérvix ás mulleres de 30 anos e ás de 25 a 29 anos que non dispoñan dunha pauta de vacinación axeitada

Rueda salienta que “seguimos impulsando os cribados como mellor xeito de previr enfermidades graves” e apunta que o obxectivo é chegar a “76.000 mulleres máis desde agora, que xa empeza o ofrecemento deste cribado, ata o ano 2030”