Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.013 novas da área temática Vivenda:

21/01/2025 | 15:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta afea ao Ministerio de Vivenda que non explique ás comunidades autónomas os anuncios de Sánchez

O ministerio negouse a incluír na orde do día a explicación ás comunidades autónomas das medidas anunciadas por Pedro Sánchez o pasado 13 de xaneiro, malia telo solicitado con antelación

21/01/2025 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O acordo entre a Xunta e o Consello da Avogacía Galega permite atender en 2024 máis dun cento de consultas en materia de vivenda

O Goberno galego destina un orzamento de 61.000€ ao desenvolvemento deste convenio, incrementando a dotación con respecto a anos anteriores

20/01/2025 | 15:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial en Ourense anuncia unha nova convocatoria de axudas do programa Infravivenda, nas que a Xunta investirá 370.000 euros

O delegado territorial explicou que a nova convocatoria vai dirixida a prestar apoio aos concellos de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar ás unidades de convivencia e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade

20/01/2025 | 14:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dá luz verde ao informe ambiental da modificación do PXOM da Coruña para construír unhas 520 vivendas protexidas máis en Xuxán

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que os cambios de uso no sector SURT-2 do antigo Ofimático non terán efectos adversos significativos

20/01/2025 | 13:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ana Ortiz anuncia a “inminente” apertura do concurso público para alugar un novo local no Casco Vello de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou este luns o baixo do edificio de Elduayen 31 rehabilitado na zona alta do barrio histórico

18/01/2025 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina 2,2 M€ ás axudas dirixidas á rehabilitación de edificios de titularidade municipal e de infravivenda

Allegue destaca que as axudas para rehabilitar vivendas de titularidade municipal amplíanse aos concellos de 30.000 habitantes e a Xunta apoiará tamén o financiamento de proxectos de rehabilitación que inclúan obras de ampliación

17/01/2025 | 17:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Observatorio de Vivenda de Galicia acorda a creación da comisión que impulsará a construción de vivendas con técnicas industrializadas e co emprego da madeira

Na primeira reunión do ano deste órgano creáronse tres seccións de carácter técnico, social e de financiamento e intermediación

17/01/2025 | 11:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto para construír en Santiago o primeiro edificio de aloxamentos compartidos e temporais para menores de 36 anos

É o primeiro destes inmobles que o Goberno galego construirá en Galicia para ofrecer unha solución habitacional ás necesidades transitorias de residencia da mocidade

16/01/2025 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción dun novo edificio de 50 vivendas de promoción pública en Xuxán, na Coruña, cun investimento de case 11 M€

Allegue destacou que se prevé que os traballos iniciados hoxe estean rematados no 2026, xunto a outras dúas promocións, coas que en Xuxán se porán a disposición da cidadanía o vindeiro ano un centenar de vivendas

15/01/2025 | 15:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas