Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 741 novas da área temática Xuventude:

23/07/2023 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ofrece unha experiencia inesquecible para a mocidade no campamento de verán de Lalín

Os nenos, con idades comprendidas entre os 9 e 12 anos, realizan actividades de hípica, caiac e sendeirismo no albergue municipal Vicente Agulló

20/07/2023 | 18:19 | C. de Política Social e Igualdade

Mozos que participan no programa Xuventude Mentoring visitan o Museo de Estrella Galicia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a importancia de facilitar que a xente nova entre en contacto con empresas

20/07/2023 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta visita aos rapaces e rapazas que participan no Campamento de verán ‘Tocando o violín’ en Xunqueira de Ambía

Desenvolverán actividades relacionadas coa música e a linguaxe musical con outras de lecer, como xogos grupais, piscina ou excursións, co obxectivo de potenciar os valores que transmite a música a nivel cognitivo e interpersoal
 

20/07/2023 | 14:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dá a coñecer entre a xente máis nova o patrimonio natural e cultural de Foz a través dun minicampamento

Os nenos, con idades comprendidas entre os 10 e 14 anos, conviven durante cinco días nun establecemento turístico do municipio e realizan actividades de praia, sendeirismo ou obradoiros, entre outras propostas

20/07/2023 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Un total de 16 mozos e mozas participan no campo de voluntariado que a Xunta promove en Vilarbó dentro da campaña de verán

O programa inclúe labores vinculadas ao coidado do medio ambiente como plantacións e reforestacións, limpeza das beiras do río Eume, construción de hoteis para abellas ou a realización dun inventario de especies, entre outras

20/07/2023 | 11:52 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda e Ortiz reciben aos galegos do exterior participantes no programa Conecta co Camiño

O secretario xeral da Emigración e a delegada da Xunta en Vigo deron a benvida aos 50 mozos e mozas procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil que desfrutarán desta iniciativa

19/07/2023 | 13:20 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anima a conectar con Galicia os mozos galegos na diáspora que participan no campamento de verán de Gandarío

O programa ‘Conecta con Galicia’ permite que mozos galegos que viven no exterior coñezan as súas raíces e fagan os seus propios recordos na nosa Comunidade

18/07/2023 | 17:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta propón actividades de aventura na natureza no campamento de verán de Pontemaril, en Forcarei

O programa da actividade inclúe xogos de orientación, rutas en bicicleta, sendeirismo ou a práctica de deportes náuticos como piragüismo ou caiac polo

17/07/2023 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta desenvolve actividades náuticas e deportivas e unha aula de natureza mariña no campamento de Area, en Viveiro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe aos nenos e nenas participantes nesta iniciativa enmarcada na campaña de verán do Goberno galego, que oferta 1.780 prazas na provincia

15/07/2023 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade

A campaña de verán da Xunta achega a astronomía, as tradicións e a multiaventura á mocidade que participa no campamento da Veiga

A oferta da programación estival do Goberno galego en concellos da provincia de Ourense supera as 1500 prazas, entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e outras actividades