Actualidade
Buscador de novas
A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres na Coruña
Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) recollida no municipio de A Coruña, e trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático localizado en Oleiros
A Xunta valora os axustes na proposta da UE para a nova PAC e o Fondo Pesqueiro, pero mantén ante o ministerio que son "insuficientes"
María José Gómez e Marta Villaverde incidiron unha vez máis en que esta proposta non é beneficiosa para Galicia
Medio Rural publica a declaración de utilidade pública da reestruturación parcelaria da parroquia de Retizós, no concello lucense de Baleira
A zona na que se prevé actuar abrangue unha superficie de 775,38 hectáreas, nas cales se contabilizan 1.661 parcelas catastrais de 178 titulares cunha superficie media de 4.500 metros cadrados
Rueda destaca que a Xunta potenciará a inserción nos novos obradoiros de emprego incrementando as prácticas e os incentivos á contratación e cun eixo na prevención dos lumes
Salienta que o Goberno autonómico destinará 48,1 M€ a esta convocatoria coa que se impulsará a empregabilidade da cidadanía da man das entidades locais
O DOG publica as axudas para a EHE correspondentes á última época de circulación do vector transmisor no ano 2024
Faranse efectivos pagos por importe total de máis de 96.000 euros a 70 gandeiros beneficiados que declararan a doenza e/ou obtiveran os correspondentes resultados analíticos con posterioridade ao 5 de decembro de 2024
A Xunta salienta a importancia do traballo realizado polos GDR para dinamizar social e economicamente o rural galego
A conselleira do Medio Rural reuniuse hoxe coa xunta directiva da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural onde asegurou que se seguirá colaborando con estas entidades de cara á próxima convocatoria das achegas Leader