Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 636 novas da área temática Transporte:

12/03/2023 | 16:47 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nos concellos de Muros, Noia, Santa Comba e Barbadás

Os novos traballos desenvolveranse na estrada AC-550, nos municipios de Muros e Noia; nas glorietas da AC-406, en Santa Comba; e na OU-540, en Barbadás

11/03/2023 | 16:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os descontos no transporte público autonómico bonificaron desde setembro 7,5 millóns de viaxes en Galicia, o 75% dos desprazamentos

A Xunta estima que o número de beneficiarios poderá roldar os 14 millóns ata finais de xuño, data ata a que estará en vigor a bonificación adicional do 50%

09/03/2023 | 14:53 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Galicia exixirá ao Comisionado do Corredor Atlántico un investimento de 8.000 M€ para a conexión noroeste

Rueda advirte que os 1.130 M€ anunciados son “insuficientes” e admite a “preocupación” ante as imprecisións, erros e ausencias de actuacións en “infraestruturas irrenunciables” para Galicia no Plan director que se presentou esta semana en Xixón

09/03/2023 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a concesión de 205 axudas para o achatarramento de vehículos de transporte por estrada, cun orzamento de 5,9 M€

O DOG tamén publica o outorgamento de 21 axudas para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono, mobilizando un investimento de 4,4 M€

02/03/2023 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na adquisición dun vehículo híbrido para a Policía Local de Ponteareas cunha achega de 33.600 €

A directora xeral de Administración Local e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitaron o concello beneficiario das axudas impulsadas polo Goberno galego no marco do Fondo de Compensación Ambiental

02/03/2023 | 11:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza os servizos de autobús entre Miño e Betanzos os xoves pola tarde para atender o alumnado do IES As Mariñas

Na liña que conecta Miño e o centro de saúde de Betanzos créanse dous novos servizos de ida e volta con horas de paso pola parada do instituto próximas ao inicio e ao fin das clases dos xoves
 

01/03/2023 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de máis de 1,7 M€ na mellora da mobilidade peonil e no reforzo da seguridade da PO-308 entre Fontenla e Combarro, en Poio, que será realidade no verán de 2024

Vázquez Mourelle sinala que o obxectivo é conxugar a mobilidade máis segura, sostible e saudable, coa execución dunha senda; e o reforzo da seguridade viaria, coa eliminación dun treito de concentración de accidentes

28/02/2023 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta outorga axudas a 9 asociacións profesionais e empresariais para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia cun investimento de 500.000 €

O obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

24/02/2023 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o avance da Xunta nas obras da estación intermodal da Coruña, co inicio das cimentacións e os traballos a pleno rendemento na execución dun investimento de 40 M€ na cidade

Vázquez Mourelle salienta o salto cualitativo nas obras ao comezar as cimentacións e avanzar nos pilotes da terminal e do paso inferior coa máquina pilotadora