Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 684 novas da área temática Familias:

25/06/2024 | 20:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Academia Galega de Seguridade Pública celebra o Día das Familias co alumnado

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compartiu a xornada cos familiares dos axentes da 16ª promoción de Policía Local, que rematará a súa formación na Academia en outubro antes de tomar posesión a comezos de ano

25/06/2024 | 19:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta celebra o primeiro aniversario da creación do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia

Os mozos e mozas integrantes puideron expoñer e poñer en común aquelas propostas que foron reunindo nos seus encontros periódicos para propoñer plans conxuntos de acción

24/06/2024 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta consolida a gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas para o 100% do alumnado no próximo curso

Rueda adianta que por primeira vez estes centros aplicarán, xa no 2025 e de cara ao curso 2025/26, os mesmos criterios de preferencia no acceso

14/06/2024 | 15:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con máis de 5 M€ ao ano case 300 prazas residenciais e ocupacionais de ASPRONAGA

O director xeral recoñeceu o labor desta asociación en favor da autonomía e a integración das persoas con discapacidade intelectual

14/06/2024 | 13:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o impulso dado aos servizos de atención temperá que cubren hoxe practicamente todo o territorio galego

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe en Ferrol nun acto con Aspaneps, os profesionais e as familias usuarias deste recurso mancomunado

13/06/2024 | 13:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que mañá é o último día para solicitar a creación de oito novas casas niño en Galicia

A orde en marcha permitirá a posta en marcha de 40 novas prazas totalmente gratuítas para nenos de 0 a 3 anos en concellos nos que non existe escola infantil

08/06/2024 | 10:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá máis de 125.000 euros na creación do futuro punto de encontro familiar do Deza

Este mesmo mes sairá a licitación pública a creación deste servizo que permitirá que as familias e os menores de idade non teñan que trasladarse ducias de quilómetros para realizar as visitas establecidas polo réxime xudicial

31/05/2024 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a aposta de Galicia polo acollemento familiar

Arredor dun milleiro de nenos e adolescentes vulnerables crecen no seo de familias acolledoras, o que lles permite medrar nun fogar normalizado