Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 835 novas da área temática Industria:

14/11/2023 | 17:02 | A Presidencia da Xunta
10/11/2023 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
10/11/2023 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda aposta por simplificar trámites, asesorar e apoiar con financiamento ás empresas para consolidar Galicia á vangarda económica de España

Pon en valor medidas como a nova Oficina Económica de Galicia, que será unha canle única de interlocución coas empresas para prestarlles asesoramento técnico e personalizado

10/11/2023 | 12:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licitará este ano o instrumento de ordenación que permitirá dotar a Cabana de Bergantiños do seu primeiro parque empresarial

 Ángeles Vázquez explica que o futuro polígono, cunha superficie de case 271.000 m2, está previsto na segunda modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresarias de Galicia, que se aprobará definitivamente antes de que remate 2023
 

09/11/2023 | 15:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por unha transición gradual da industria da automoción europea

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, participa en Navarra na conferencia anual da Alianza das Rexións con Industrias da Automoción (ARA)

07/11/2023 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa aos representantes da factoría Stolt Sea Farm de Camariñas a renovación da súa concesión ata o 2031 prorrogable ata o 2071

Esta empresa conta con 32 traballadores todos naturais e residentes de Camariñas e Carnota e produce unha media de 1.200 toneladas ao ano de rodaballo e linguado

02/11/2023 | 18:52 | C. de Economía e Industria

Lorenzana traslada o compromiso da Xunta de Galicia cos traballadores da mina de Penouta e co sector mineiro galego

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva de Strategic Minerals, empresa mineira canadense responsable da explotación deste xacemento emprazado en Viana do Bolo

01/11/2023 | 10:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa en catro proxectos europeos vencellados á transformación dixital da industria da Eurorrexión, economía circular e sector aeroespacial

A Axencia Galega de Innovación vén de captar estas novas iniciativas europeas dentro do programa de cooperación transfronteiriza Interreg España-Portugal 21-27, dotados cun orzamento de 5,5 millóns de euros

31/10/2023 | 21:04 | C. de Economía e Industria

Lorenzana solicita a Endesa que garanta a totalidade dos postos de traballo da empresa auxiliar en As Pontes no seu plan de pre-desmantelamento e desmantelamento da central

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, presidiu esta tarde unha nova reunión da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes, na que Endesa trasladou as súas previsións

28/10/2023 | 13:30 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o esforzo do tecido empresarial por comercializar produtos e servizos no mercado internacional

Apunta que un dos obxectivos da Xunta de Galicia é impulsar a internacionalización da economía galega e que pemes, autónomos e establecementos comerciais teñan acceso a novas canles e destinos de comercialización