Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.013 novas da área temática Vivenda:

18/12/2024 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
18/12/2024 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a construción de 48 vivendas de promoción pública en Valdecorvos, no concello de Pontevedra

Este contrato foi adxudicado por un investimento que rolda os 211.000 euros, e conta cun prazo de execución de tres meses e medio

17/12/2024 | 17:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/12/2024 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue reivindica o traballo da Xunta en materia de vivenda pública no acto da primeira pedra da ampliación de Navia, en Vigo

 O edificio que vén de iniciarse en Navia, de 40 vpp e catro plantas de altura, sitúase no Polígono 1, cuxas obras de urbanización están a executarse e onde hai outros catro inmobles cun total de 123 vpp pendentes de licencia para o inicio das obras

14/12/2024 | 16:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía en máis de 760.000 € os fondos das axudas aos mozos menores de 36 anos para a adquisición de vivendas en concellos de menos de 10.000 habitantes e centros históricos

A conselleira fai fincapé na moi boa acollida desta iniciativa da Xunta, a través da que leva concedido ata o momento 250 axudas para adquisición de vivendas en concellos de menos de 10.000 habitantes e 50 en centros históricos

13/12/2024 | 18:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda lamenta a falta de vontade do Goberno para chegar a acordos en materias clave como o financiamento, a vivenda, a inmigración e a sanidade

Insiste en que é “inaprazable” abordar o modelo de financiamento autonómico no Consello de Política Fiscal e Financeira

12/12/2024 | 17:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 365.300 euros á rehabilitación das catro vivendas municipais de Lugo que atenden a mulleres vítimas de violencia de xénero

O delegado territorial, Javier Arias, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, comprobaron esta tarde o resultado das obras, enmarcadas no primeiro dos convenios para mellorar os sete centros de acollida da rede autonómica, entre eles os de Burela e Chantada

11/12/2024 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora na dotación de 32 novas vivendas protexidas en alugueiro no barrio coruñés de Xuxán

Esta intervención está a executala a cooperativa A Luzada, tras a adxudicación da parcela por parte da Xunta baixo a modalidade de dereito de superficie, que permite acceder a solo público a cambio dun canon reducido

10/12/2024 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega dúas novas vivendas rehabilitadas en Betanzos ao abeiro do programa Rexurbe, adxudicadas en réxime de alugueiro

As vivendas sitúanse nas rúas Nova e Cortaduría e o investimento na rehabilitación dos inmobles en que se emprazan ambas vivendas suma preto de 800.000€