Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.184 novas da área temática Áreas temáticas:

16/06/2026 | 17:22 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o orzamento e incorpora novos premios para recoñecer os proxectos de desenvolvemento rural de Galicia

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución pola cal se aproban as bases reguladoras destes galardóns, que neste 2026 celebran a súa XVII edición

16/06/2026 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
16/06/2026 | 16:31 | C. de Facenda e Administración Pública

A intelixencia artificial e os seus retos centran o II Encontro de Equipos TIC das comunidades autónomas

O director da Amtega participou na xornada na que se abordou o despregamento da intelixencia artificial na Administración pública, a súa gobernanza, a ciberseguridade e o talento

16/06/2026 | 16:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na construción doutras 14 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, que se sortearán no vindeiro mes de xullo

Allegue detallou que os traballos xa superan o 60% de execución e se prevé o seu remate para antes de que remate o ano

16/06/2026 | 15:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento de 501.000€ no obradoiro de emprego de Vimianzo compartido con Muxía e Camariñas que formará a 20 desempregados

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter certificados de profesionalidade en: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e montaxe de mobles e elementos de carpintaría

16/06/2026 | 15:49 | C. do Medio Rural

María José Gómez demanda ao Goberno central a apertura de vías de negociación con Marrocos para permitir de novo a exportación de bovino

A solicitude será trasladada hoxe mesmo no seo do Consello Consultivo de Política Agrícola, no que a conselleira María José Gómez participa de xeito telemático

16/06/2026 | 14:49 | C. do Mar

Villaverde promove en Ourense o consumo de mexillón entre a cativada co programa ‘Mexillón de Galicia nas aulas’

A conselleira do Mar participou na actividade desenvolvida no CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, incluída no convenio subscrito coa DOP

16/06/2026 | 14:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Mar

Máis de 90 alumnos do CEIP O Couto de Ourense participan no programa ‘Movemento Azul’ da Xunta

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañou aos escolares na xornada Un Mar de Profesións, incluída no proxecto e que achega a mocidade ao sector marítimo-pesqueiro

16/06/2026 | 14:23 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta somete a información pública o trazado do Camiño Primitivo para mellorar a seguridade dos peregrinos en varios treitos comúns

Beneficiará aos concellos da Fonsagrada, Baleira, Lugo, Guntín, Palas de Rei, Toques e Melide nos que se atopan cerca de 300 propiedades