Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.870 novas da área temática Economía:

07/05/2025 | 14:58 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca no Porriño o liderado industrial do concello e enxalza o seu papel no fomento da cultura empresarial galega

Pon en valor os bos datos económicos de Galicia, incluíndo o crecemento do PIB un 2,8 % en 2024 e a previsión de descenso da taxa do paro ao 9,1 % en 2025

06/05/2025 | 18:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o apoio ás empresas galegas para acceder ao mercado dos Emiratos Árabes Unidos

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na xornada “Emiratos Árabes Unidos: Economía e oportunidades de negocio en Oriente Medio para as empresas galegas”, onde pon en valor o papel da Antena do Igape en Dubai para “abrir portas nun mercado clave para a innovación e a diversificación industrial”

06/05/2025 | 15:08 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o papel da nova Estratexia de Seguridade e Defensa para seguir potenciando este sector chave en Galicia

Subliña que a Comunidade galega xa conta cunha industria e cun coñecemento importante neste ámbito

02/05/2025 | 20:32 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña que xornalismo e política están estreitamente vinculados ás sociedades democráticas

Destaca o labor de Luís Ventoso como “historiador do cotiá” que fai do día a día unha novela fascinante

30/04/2025 | 15:34 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que o sector da automoción vai atopar moitas oportunidades na estratexia de defensa e seguridade que prepara a Xunta de Galicia

Avanza que o obxectivo é “transformar, evolucionar unha iniciativa exclusivamente espacial e no ámbito civil a unha iniciativa que pode traccionar outras industrias, particularmente, da automoción e do naval”

30/04/2025 | 10:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en México o valor dos lazos entre Galicia e este país e o seu firme apoio á comunidade galega no exterior

José González, acompañado por Antonio Rodríguez Miranda, tamén visitou a Sociedade Española de Beneficencia en Puebla

29/04/2025 | 15:57 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que Galicia xeraría a enerxía equivalente a 70 parques eólicos coa repotenciación e o reforzo da rede de transporte eléctrico

Asegura que se reduciría o número de aeroxeradores instalados en Galicia ata nun 68 % xerando ata un 125 % máis de enerxía sen necesidade de novos trazados de liñas de evacuación

28/04/2025 | 18:30 | A Presidencia da Xunta

Ana Ortiz destaca a evolución de Biscuits Galicia e a modernización tecnolóxica no seu 20º aniversario

A delegada territorial da Xunta visitou este luns xunto ao alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, a planta da empresa nada en Vigo hai dúas décadas

27/04/2025 | 09:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mellora a formación e as condicións para atopar emprego de preto de 150 adolescentes con medidas xudiciais de internamento

Durante o ano pasado, este programa de formación ocupacional desenvolveu 851 actuacións nos catro centros de reeducación da rede pública autonómica