Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 683 novas da área temática Exterior:

17/04/2023 | 12:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
14/04/2023 | 08:37 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada ao presidente da República de Panamá o interese de Galicia por estreitar lazos económicos e comerciais co país de América central

Salienta a importancia das relacións existentes entre Galicia e Panamá en sectores como a pesca e o turismo, así como as colaboracións noutros que están en alza, como as enerxías renovables
 

10/04/2023 | 10:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

A convocatoria conta cunha dotación de 550.000 euros co obxectivo de que as ONGD galegas poidan canalizar as axudas ás súas iniciativas

02/04/2023 | 11:58 | A Presidencia da Xunta

Rueda viaxará a América para manter encontros empresariais e institucionais que reforcen alianzas estratéxicas tecidas polas raíces comúns

Alfonso Rueda reunirase con autoridades, empresarios e inversores interesados nos proxectos económicos e industriais nos que traballa Galicia

01/04/2023 | 12:50 | A Presidencia da Xunta

Rueda traslada ao alcalde do Porto a aposta da Xunta por avanzar nas conexións ferroviarias con Portugal

Defende a necesidade de axilizar a saída sur de Vigo como unha actuación estratéxica non só para a Eurorrexión, senón tamén para o Eixo Atlántico e as conexións con Europa

30/03/2023 | 15:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta expón as bases da futura Lei do litoral ante un dos maiores expertos europeos en dereito ambiental

Trasládanlle a transcendencia para Galicia desta norma, pioneira en España, polo peso e a importancia que ten a costa desde o punto de vista económico, patrimonial e social

30/03/2023 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia será a comunidade relatora da resposta do Comité Europeo das Rexións ás medidas sobre o futuro da pesca anunciadas pola Comisión Europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, será o relator do ditame sobre a sustentabilidade e resiliencia das comunidades costeiras da Unión Europea

29/03/2023 | 18:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia analiza no Comité Europeo das Rexións os acordos derivados do Brexit e o seu impacto na poboación europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participa no grupo de contacto do Comité Europeo das Rexións e o Reino Unido