Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.115 novas da área temática Formación:

26/12/2024 | 14:19 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP reforza o plan de formación para 2025 coa incorporación de 123 novidades respecto ao ano anterior

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado pola directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, presidiu esta mañá o Consello Reitor do organismo no que se presentou o Plan de formación dirixido ao persoal empregado público galego para o ano 2025

26/12/2024 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda a integración presencial da Policía Nacional e da Garda Civil na sede do CIAE 112-Galicia para reforzar a coordinación ante emerxencias

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, visitou a Axencia Galega de Emerxencias para participar na entrega de drons á Policía Autonómica, que si está presente na sala do 112

26/12/2024 | 13:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
26/12/2024 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos industriais para que poidan desenvolver a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos

A Consellería de Ciencia inviste case preto de 2 millóns de euros na cuarta edición deste programa, que suma xa máis de 61 investigadores participantes

25/12/2024 | 11:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o establecemento de sinerxías entre o talento universitario e o ecosistema emprendedor galego no marco da Rede de polos

O Executivo galego promove a conexión entre empresas emerxentes galegas, asesoradas no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con estudantado universitario de último ano grazas á plataforma U4Impact

22/12/2024 | 10:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a contribución de NTT Data ao impulso da innovación no tecido empresarial e nos servizos públicos

O presidente da Xunta mantivo un encontro co director xeral en España desta consultora tecnolóxica, Víctor López-Barrantes e o director en Galicia e Asturias, Alberto Borrego

21/12/2024 | 14:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda celebra a excelencia do alumnado galego e o traballo de toda a comunidade educativa

Destaca a importancia do acompañamento de familias e docentes aos estudantes na súa formación

18/12/2024 | 13:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo inaugura o obradoiro “Rexenera 2024” no que se formarán 20 persoas en limpeza de espazos abertos e instalacións industriais e en operacións auxiliares de revestimentos en construción

A delegada da Xunta participou na apertura deste taller de formación que conta cun apoio da Xunta de case 412.000 euros e que se prolongará durante 9 meses

18/12/2024 | 13:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta renova o obradoiro dual de emprego ‘Reinicia XI’ cun investimento de preto de 412.000 euros

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá en Ares no acto inaugural desta acción formativa na que participan unha vintena de persoas en situación de desemprego

18/12/2024 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta que a formación universitaria para maiores é fundamental na promoción do envellecemento activo e saudable

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria felicitou aos participantes do programa Uned Sénior