Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca que o decreto que regulará a carreira investigadora na administración galega é pioneiro no ámbito estatal
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, compareceu esta mañá no Parlamento de Galicia para explicar a futura norma
Rueda salienta o potencial de Galicia como centro industrial e loxístico do sector emerxente da eólica mariña
Considera o desenvolvemento da eólica mariña unha “grande oportunidade” que vai xerar riqueza e empregos, polo que insta a “non deixala pasar”
A Xunta de Galicia busca novas propostas innovadoras coas que seguir mellorando os servizos públicos
A Administración autonómica abre un proceso de preselección de proxectos de compra pública de innovación entre todos os seus departamentos para a continuación poder presentarse a diferentes programas estatais
Román Rodríguez coñece en Xenebra o labor dos científicos galegos no maior acelerador de partículas do mundo
O titular de Educación salienta que a colaboración científica universitaria de Galicia con Suíza “é a proba do gran nivel que teñen os nosos centros de investigación máis punteiros”, de cuxa rede forma parte o IGFAE
Gabriel Alén chama ás microempresas e pemes da provincia de Ourense a participar dos Bonos de Innovación da Xunta
O delegado territorial destacou a nova convocatoria dos Bonos de Innovación que contan nesta edición cun orzamento de 750.000 euros, cos que se prevé mobilizar máis dun millón, co obxectivo de impulsar os primeiros pasos para innovar nas microempresas e pemes
A Xunta organiza novas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas para estudantes de secundaria na área de Ferrolterra
Aos espectáculos, talleres e cine do programa D´tec da Axencia Galega de Innovación súmanse agora os campamentos científicos
A Xunta pon en marcha a iniciativa “Ciberseguridade Galicia” para identificar accións, novas e contidos sobre seguridade da información
O portal ciberseguridadegalicia.gal concentra toda a información sobre riscos, boas prácticas e medidas para reaccionar ante ataques informáticos evitalos
A Xunta colabora con Benteler para facer das súas dúas plantas en Galicia un modelo de fábrica intelixente para todo o grupo
A empresa, beneficiaria do programa Fábrica Intelixente, desenvolveu un proxecto que permite a interoperabilidade entre as diferentes plantas cun sistema totalmente integrado e monitorizado de produción
A Xunta convida ás empresas do sector primario a seguir apostando pola innovación para incrementar a súa competitividade
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e representantes das consellerías do Mar e do Medio Rural participaron esta mañá nun encontro con axentes deste ámbito para informar sobre as liñas de apoio da Administración autonómica á I+D+i
O programa autonómico de impulso ao emprendemento feminino, Emega, permitiu nos últimos trece anos apoiar 1.480 proxectos e a creación de 2.084 empregos
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Santiago de Compostela a iniciativa Creativas Galegas, un colectivo formado por mulleres artesás e do eido cultural beneficiarias das axudas da Xunta