Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 788 novas da área temática Xuventude:

27/07/2023 | 15:07 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que Galicia é un destino europeo de referencia na formación de mozos que se incorporan ao sector primario

José González puxo en valor a intensa actividade formativa, tanto en materia de ensinanza regrada como non regrada, no ámbito agropecuario e forestal

27/07/2023 | 11:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o labor educativo da campaña de verán para a mocidade

Neste campamento, que hoxe celebra o seu último día, mozos e mozas de entre 9 e 12 anos aprenden a separar residuos, a plantar árbores autóctonas, a realizar traballos na horta e a fabricar xabóns artesanais, entre outras actividades

26/07/2023 | 17:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinará 10.000 euros a mellorar a calidade asistencial da Peña da Casa de España

Asinou un protocolo de colaboración para apoiar os galegos na diáspora que reciben nestas instalacións servizos de rehabilitación, estimulación da memoria ou asesoramento para realizar trámites administrativos

26/07/2023 | 17:03 | C. de Política Social e Igualdade

A campaña de verán da Xunta ofrece alternativas de ocio educativo para todas as idades e inquietudes

O minicampamento ten lugar no hotel As Maceiras e ofrece actividades na natureza para mozos de entre 10 e 14 anos

26/07/2023 | 13:22 | C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial da Xunta visita os nenos e nenas que participan no minicampamento de verán Ecoverán termal en Laias, en Cenlle

Gabriel Alén puxo en valor a importancia que teñen este tipo de actividades, coas que se busca fomentar o lecer educativo saudable e seguro da mocidade galega durante a temporada estival e a súa vez amosarlles a cantidade programas que se poden desenvolver nas contornas naturais

24/07/2023 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

O delegado territorial da Xunta visita aos nenos e nenas que participan no campamento de verán Hípica e Teatro en Coles

40 participantes desfrutarán de activades de danza moderna, flashmob, coreografía e xogos teatrais, rutas, obradoiros de ecoloxía, obradoiros de reciclaxe creativo, e pequenas intervencións creativas na natureza

24/07/2023 | 11:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca unha nova orde de axudas para programas de voluntariado interxeracional no medio rural

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria dotada de 760.000 euros e que permite poñer en contacto a mozos de entre 16 e 35 anos e maiores de 55 para involucralos en proxectos que teñan como escenario o medio rural

23/07/2023 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ofrece unha experiencia inesquecible para a mocidade no campamento de verán de Lalín

Os nenos, con idades comprendidas entre os 9 e 12 anos, realizan actividades de hípica, caiac e sendeirismo no albergue municipal Vicente Agulló

20/07/2023 | 18:19 | C. de Política Social e Igualdade

Mozos que participan no programa Xuventude Mentoring visitan o Museo de Estrella Galicia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a importancia de facilitar que a xente nova entre en contacto con empresas

20/07/2023 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta visita aos rapaces e rapazas que participan no Campamento de verán ‘Tocando o violín’ en Xunqueira de Ambía

Desenvolverán actividades relacionadas coa música e a linguaxe musical con outras de lecer, como xogos grupais, piscina ou excursións, co obxectivo de potenciar os valores que transmite a música a nivel cognitivo e interpersoal