Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o traballo da policía para consolidar Galicia como unha comunidade segura
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, participaron hoxe na conmemoración e entrega de condecoracións do Día da Policía, con motivo do seu patrón, os Anxos Custodios
A Xunta organiza en Lugo tres cursos para voluntarios de Protección Civil sobre o manexo de desfibriladores externos
Suman 72 prazas e terán lugar en Vilalba, Palas de Rei e Ribeira de Piquín no mes de novembro
A Xunta recibe a placa de ouro da seguridade de Securitas Direct que recoñece a Galicia como unha das comunidades máis seguras de España
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu esta mañá o recoñecemento de mans do director territorial noroeste de Securitas Direct, Javier Iglesias
A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en Val do Dubra
O lume debeuse ao escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade necesarias e nunha data na que estaban prohibidas
A Xunta reforza o equipamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ortigueira cunha embarcación para rescate
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, comprobou as prestacións da lancha, na que o Goberno galego investiu 16.500 euros
A Xunta convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública un curso de reciclaxe de socorrismo acuático
Trátase de formación válida para a renovación da inscrición no ‘Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia’