Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da área temática Igualdade:

21/11/2024 | 14:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará a redacción do proxecto para a construción dunha residencia e centro de día no concello da Pastoriza

O complexo, que será municipal, contará con 56 prazas en total das cales 40 serán de atención diúrna e outras 16 de carácter residencial

21/11/2024 | 12:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a calidade e orixinalidade dos traballos dos oito centros educativos premiados no concurso de imaxes e pezas audiovisuais polo 25N

Fabiola García felicitou ás rapazas e rapaces e aos seus docentes por propoñer “mensaxes potentes e que impactan”, apostando por sensibilizar e concienciar sobre a violencia de xénero á sociedade galega desde as aulas

20/11/2024 | 12:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lanza a cuarta edición de ‘#IgualdadeFollowers’ para sensibilizar sobre a igualdade e loitar contra a violencia de xénero nas redes sociais

A campaña conta coa participación dunha decena de influencers galegos que publicarán vídeos nas súas redes para promover a igualdade

19/11/2024 | 17:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta blinda os recursos para a atención integral das vítimas de violencia de xénero cun orzamento que se incrementa ata acadar os 28,3 M€

Fabiola García incidiu en que as medidas deben xirar en torno a tres eixos principais: “a tolerancia cero, a resposta conxunta das administracións e a atención especializada ás vítimas”

19/11/2024 | 16:39 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia as actividades de promoción da igualdade e loita contra a violencia machista para mulleres con discapacidade

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero participou nunha xuntanza do grupo ‘Las mosqueteras’  formado por mulleres con parálise cerebral

19/11/2024 | 16:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta levará aos centros de infantil e primaria a premiada curtametraxe ‘Eu vou comigo’ cunha unidade didáctica para sensibilizar sobre a violencia de xénero

Inclúe formación pensada para mellorar as relacións interpersoais, reforzar a autoestima e impulsar o bo trato e a igualdade de xénero entre os máis pequenos

19/11/2024 | 11:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que Galicia se convertirá no 2025 na primeira comunidade en contar cunha lei contra a violencia dixital

O futuro texto incluirá medidas de sensibilización, prevención e detección do acoso en internet

18/11/2024 | 18:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta defende o traballo conxunto das administracións na prevención e sensibilización contra a violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de xénero participou na apertura do encontro ‘No estáis solas’  que analiza o papel da xustiza nesta materia

18/11/2024 | 18:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convida á sociedade galega a participar na andaina contra a violencia de xénero ‘Camiño ao respecto’, que se celebrará o domingo 24 de novembro en Santiago

As persoas interesadas en tomar parte no percorrido, que sairá do Monte do Gozo en dirección á Praza do Obradoiro, xa poden formalizar a súa inscrición