Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.013 novas da área temática Vivenda:

27/11/2024 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licitará este venres por 2,6 M€ a redacción dos proxectos de interese autonómico para facilitar solo para máis de 15.000 vivendas

A conselleira avanzou os primeiros ámbitos onde se desenvolverá vivenda a través dos PIA en Vigo, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Lugo, Ourense e Arteixo

27/11/2024 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue reforza vínculos co empresariado galego para o desenvolvemento de vivenda e infraestruturas na comunidade

A conselleira escoitou as demandas do sector e abondou na estratexia da Xunta para garantir o acceso da cidadanía a unha vivenda digna e accesible

26/11/2024 | 21:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa mocidade con máis oportunidades en emprego, educación e acceso á vivenda

Destaca políticas autonómicas como a reserva do 40 % das novas vivendas públicas en alugueiro e do 25 % á venda para os menores de 36 anos dos inmobles que constrúa o Goberno galego

25/11/2024 | 15:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta autoriza a licitación por 2,6 M€ dos Proxectos de Interese Autonómico para desenvolver solo no que construír as primeiras 15.000 vivendas

Rueda salienta que a contratación enmárcase na primeira fase de execución da Estratexia Galega de Solo Residencial, que prevé desenvolver solo “que permita a construción de 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres”

23/11/2024 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Colectivos veciñais de todo o Estado debaten na sede da Xunta en Lugo sobre vivenda e transportes

O delegado territorial, Javier Arias, explicou algunhas das medidas do Goberno galego e gabou “as interesantes achegas” do movemento veciñal nestas materias

22/11/2024 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/11/2024 | 14:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Martínez Allegue reivindica ante o sector, en Madrid, as medidas da Xunta para incrementar a oferta de vivenda pública e avanzar nos principais eixos da vertebración territorial en Galicia

Destaca a necesidade da colaboración público-privada para abordar os compromisos co acceso da cidadanía á vivenda e o desenvolvemento das infraestruturas viarias

20/11/2024 | 20:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta explica os seus proxectos de vivenda pública e solo residencial na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo participou na xornada organizada polo centro coa charla “Políticas públicas en materia de vivenda e novas medidas lexislativas na Comunidade Autónoma de Galicia”