Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.066 novas da área temática Emerxencias e interior:

25/09/2024 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O alumnado da 16ª promoción de Policía Local incorpórase o próximo luns ás clases na Agasp para rematar a súa formación

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou o alumnado que está a realizar prácticas no concello de Sanxenxo 

25/09/2024 | 10:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca nove cursos de formación continua para persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

O Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria das accións formativas, que se desenvolverán de xeito descentralizado

24/09/2024 | 14:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo reúnese co novo xefe do equipo de resposta policial, o inspector César Ramos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes desexoulle un frutífero labor ao fronte dunha unidade fundamental, xa que posibilita a actuación policial inmediata ante calquera incidencia e con especial atención á loita contra o furtivismo e a pesca e marisqueo ilegais

24/09/2024 | 14:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
24/09/2024 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia nas provincias da Coruña e Pontevedra

Agárdase unha precipitación acumulada en 12 horas de 80 mm

20/09/2024 | 14:23 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14.00 h. de hoxe

Extinguido o lume do concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, ao igual que o outro incendio deste municipio, rexistrado na parroquia de Barxa

20/09/2024 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Delegación Territorial da Xunta en Ferrol pon a proba o seu plan de autoprotección nun simulacro de incendio

A delegada territorial, Martina Aneiros, participou no exercicio no que foron evacuados preto dun centenar de persoas, entre persoal do edificio administrativo e cidadáns

20/09/2024 | 10:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis dun milleiro de persoas participan mañá na proba de coñecementos do proceso selectivo para cubrir 84 prazas de Policía Local en 32 concellos

Os aspirantes realizarán este primeiro exercicio da oposición no recinto feiral de Silleda e, a continuación, as persoas non exentas someteranse ao segundo exercicio correspondente á proba de lingua galega

19/09/2024 | 14:40 | C. de Sanidade

A Xunta fai unha serie de recomendacións á cidadanía por mor da chegada do fume dos incendios que afectan a Portugal

Deberase evitar a práctica de actividades ao aire libre, sobre todo exercicio intenso, e pechar as portas e fiestras para evitar a entrada de po nos domicilios

18/09/2024 | 20:43 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19.45 h. de hoxe

Activo de novo o incendio forestal do municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, e estabilizado o outro lume deste concello, localizado na parroquia de Barxa