Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 679 novas da área temática Transporte:

28/02/2023 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta outorga axudas a 9 asociacións profesionais e empresariais para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia cun investimento de 500.000 €

O obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

24/02/2023 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o avance da Xunta nas obras da estación intermodal da Coruña, co inicio das cimentacións e os traballos a pleno rendemento na execución dun investimento de 40 M€ na cidade

Vázquez Mourelle salienta o salto cualitativo nas obras ao comezar as cimentacións e avanzar nos pilotes da terminal e do paso inferior coa máquina pilotadora

18/02/2023 | 10:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde o día 23 os servizos de autobús de Fisterra a Camariñas para atender aos alumnos de Muxía que estudan bacharelato e FP en Cee

Na liña que vai de Fisterra a Camariñas habilítase un servizo ás 14,15 horas para a saída do mediodía e créase unha nova expedición de volta os luns pola tarde ás 18,15 horas

17/02/2023 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza os equipos de emerxencias municipais fronte ás nevaradas con coitelas quitaneve

O director xeral de Emerxencias e Interior e o delegado territorial da Xunta en Lugo participaron na entrega das dotacións, que suman un investimento de 55.660€

14/02/2023 | 14:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta os 700.000 viaxeiros da estación de autobuses intermodal de Ourense en 2 anos en servizo e urxe ao Goberno de España a completar a infraestrutura

Vázquez Mourelle destaca que en 2021 a estación rexistrou máis de 253.000 viaxeiros e en 2022 subiu ata os 407.800, un aumento do 60 % desde a súa posta en servizo

08/02/2023 | 15:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Galicia e Castela e León exixen ao Goberno de España información sobre a afección do contrato fallido de Renfe á renovación dos seus trens de ancho métrico

Ambos os gobernos autonómicos dirixíronse á secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para solicitar información sobre o estado de execución do contrato e os prazos de entrega previstos

03/02/2023 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta integrará os servizos de taxi na cadea de transporte público autonómico co obxectivo de favorecer desprazamentos útiles e eficientes no rural

Ignacio Maestro sinala que en concellos rurais, como Folgoso do Courel, a alternativa do taxi complementa o servizo do autobús para facilitar a mobilidade dos veciños

27/01/2023 | 14:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Galicia, Asturias e Castela e León cifran en 7.900 M€ os investimentos necesarios para o Corredor Atlántico Noroeste e demandan maior compromiso do Goberno

As tres comunidades presentan a estratexia conxunta que remitirán ao Goberno de España para que a tome de base na elaboración dun Plan Director, que recolla de forma detallada e calendarizada os investimentos e actuacións necesarias

21/01/2023 | 21:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arias destaca o apoio da Xunta ás asociacións na xornada de convivencia cos veciños de Esperante

Lembra que ata o 17 de febreiro poden solicitarse as axudas da nova convocatoria dirixida a respaldar a actividade das comunidades veciñais