Actualidade
Buscador de novas
Galicia será a comunidade relatora da resposta do Comité Europeo das Rexións ás medidas sobre o futuro da pesca anunciadas pola Comisión Europea
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, será o relator do ditame sobre a sustentabilidade e resiliencia das comunidades costeiras da Unión Europea
Galicia analiza no Comité Europeo das Rexións os acordos derivados do Brexit e o seu impacto na poboación europea
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participa no grupo de contacto do Comité Europeo das Rexións e o Reino Unido
Emigración salienta en Salvador de Bahía ante case 200 persoas as medidas de apoio ás familias postas en marcha pola Xunta para favorecer o retorno
O responsable deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, comezou na sede da Asociación Cabaleiros de Santiago a xira polo segundo país do mundo con maior colectividade galega para dar a coñecer a Estratexia Galicia Retorna
Miranda percorrerá algunhas das principais cidades do segundo país con maior colectividade galega, O Brasil, para expor as medidas de fomento do retorno
O titular da Secretaría Xeral da Emigración comeza hoxe en San Salvador de Bahía unha xira polas localidades que contan con maior presenza galega para detallar e aclarar posibles dúbidas sobre a Estratexia Galicia Retorna 2023·26
A Xunta expón en Viseu os servizos de asesoramento personalizado que prestan os profesionais da rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no IX Encontro internacional de xoves emprendedores (EIJE)
A Xunta apoia o labor de UNICEF en materia humanitaria e de cooperación exterior con 1,5 M€ nos últimos anos
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse hoxe co presidente executivo de UNICEF España
A Xunta subliña en Sevilla a aposta pola cooperación público-privada para a internacionalización do tecido produtivo
O director do Igape, Fernando Guldrís, participa, no marco do XXIII Foro de Axencias de Desenvolvemento Rexional, nun panel sobre as posibilidades que ofrecen as ADR como instrumentos na cooperación iberoamericana