Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.428 novas da área temática Medio ambiente:

09/09/2025 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e Asturias impulsan os traballos para actualizar o plan de xestión da Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

O obxectivo é que o novo instrumento, que orientará as accións de conservación e desenvolvemento sostible deste territorio na próxima década, estea listo en 2026

08/09/2025 | 15:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda anuncia que a Xunta aproba o proxecto da Lei do clima co fin de acadar unha Galicia neutra en emisións en 2040, dez anos antes do marcado pola UE

Asegura que esta norma consolida a aposta que “Galicia fai desde hai tempo pola loita contra o cambio climático”

08/09/2025 | 14:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta amplía de 2,5 M€ a 4,35 M€ o orzamento para axudar aos concellos a reducir as perdas de auga mediante pequenas obras nas redes municipais

Grazas a estas achegas, cun importe máximo de 45.000 €, Augas de Galicia poderá cubrir o 100% dos custos deste tipo de actuacións para mellorar o abastecemento

08/09/2025 | 14:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta autoriza o acondicionamento dunha nave como industria de queixos procesados en Castro de Rei

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

06/09/2025 | 12:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor a axilidade de Augas de Galicia para acometer actuacións de conservación fluvial e evitar arrastres de cinzas aos ríos

Ángeles Vázquez explica que as tarefas consisten na instalación de medidas anticontaminación como cordóns vexetais e barreiras de madeira

05/09/2025 | 20:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por impulsar o uso da madeira na construción para avanzar no camiño da descarbonización

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións da Rectoral de Rabeda en Taboadela (Ourense)

05/09/2025 | 14:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta repartirá 34.000 quilos de palla e cereais para alimentar a fauna silvestre afectada polos incendios

Ángeles Vázquez explica que o obxectivo é garantir unha fonte alimenticia de cara ao outono para as poboacións de herbívoros e aves

04/09/2025 | 13:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a participar nun concurso de ideas para deseñar un prototipo de ‘chiringuito’ biosostible e integrado na paisaxe das praias de Galicia

Ángeles Vázquez explica que un xurado seleccionará os mellores proxectos arquitectónicos para definir un estándar de baixo impacto ambiental e boa eficiencia enerxética para este tipo de instalacións

04/09/2025 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga autorización ambiental integrada ao proxecto para a construción dunha explotación de cría de preto de 130.000 pitas no concello de Palas de Rei

A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, é un paso máis na tramitación do expediente, que agora pasa ao órgano substantivo, para a súa autorización definitiva ou non

03/09/2025 | 14:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta sinala o proxecto Couto Florido como modelo de recuperación do rural con intervencións paisaxísticas, flora autóctona e dinamización social

Esta iniciativa é un exemplo de colaboración público-privada para revitalizar de xeito sostible e resiliente o territorio de Galicia que pode replicarse noutras aldeas