Actualidade
Buscador de novas
Rueda anuncia que a Xunta subirá os limiares de renda o próximo ano para que máis xente poida acceder a vivenda de promoción pública
O presidente do Goberno galego sinala no Parlamento que se darán tamén máis facilidades á xente nova, á que se reservará o 25 % da vivenda pública en venda e o 40 % da destinada a aluguer
A Xunta somete a información pública a aprobación inicial do Plan Básico Municipal de Beariz para dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio do inicio deste tramite durante dous meses, a contar desde hoxe
A Xunta recibe cinco ofertas para as obras de rehabilitación da área recreativa da Peneda en Monterroso, financiadas ao abeiro do Plan Hurbe
A actuación proxectada neste espazo de lecer ao carón do río Ulla permitirá mellorar a envolvente térmica da cafetería e a accesibilidade ao recinto, facilitando así as condicións de confort dos usuarios, así como as condicións de funcionalidade e integración paisaxística da contorna
A Xunta recibiu 11 ofertas para a mellora funcional do espazo público viario do núcleo de Camboño, en Lousame, abordada ao abeiro do Plan Hurbe
A actuación suporán un investimento de preto de 385.000 € e enmárcase no Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade, como motores de dinamización
Ana Ortiz preside o comité executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo para continuar co traballo de rehabilitación e construción de vivenda de protección
O organismo xa conta co novo Plan de Actuacións, Investimentos e Financiamento (PAIF) de 2025 cunha inversión directa de 1,6 millóns de euros
M. Allegue destaca a suba do orzamento e as modificacións normativas para acadar o reto de duplicar o parque público de vivenda de Galicia nesta lexislatura
“Estamos en disposición de dar un salto para unha Galicia do futuro: con máis e mellores infraestruturas e, sobre todo, con vivenda digna e accesible (...) pero é esencial a colaboración entre o sector público e privado para avanzar nesta dirección”, destacou M. Allegue
Rueda aposta polo aproveitamento sustentable da madeira e pola súa incorporación progresiva á estrutura das novas edificacións públicas
Resalta que a Xunta de Galicia traballa para consolidar a fortaleza e innovación do sector madeireiro galego grazas á colaboración público-privada
A Xunta entrega as chaves dunha vivenda pública en alugueiro no barrio vigués de Teis
A delegada territorial, Ana Ortiz, destaca que o inmoble foi recentemente reformado para ser o fogar dunha unidade familiar de catro membros