Actualidade
Buscador de novas
O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no acto de presentación do campionato galego Nihon Tai-Jitsu 2025
O torneo, que se celebrará o sábado 5 de abril a partir das 11:30 horas, no polideportivo do colexio público de Quins, concello de Melón, será a edición número 16 , que por primeira vez terá na provincia de Ourense
A Xunta felicita o club de taekwondo Natural Sport de Ribeira polos numerosos triunfos da tempada
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse cos adestradores e varios deportistas que obtiveron medallas en diversos campionatos
A Xunta felicita a Special Olympics pola súa aposta polo deporte inclusivo na celebración da XXVII edición dos xogos autonómicos de natación
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, asiste a este evento deportivo no que participan preto de 150 nadadores de toda Galicia
A Xunta presume do Rallymix Argallo Figueiró como unha das mellores probas do calendario galego
O secretario xeral para o Deporte destacou o músculo do automobilismo galego que, neste ano 2025, conta con dez probas no calendario nacional
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol ‘O Espiñedo’ do Carballiño cunha achega de 60.000€
A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para coñecer as actuacións executadas no marco das axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
Lete Lasa reivindica a diversidade no deporte na presentación das ligas de fútbol sala e baloncesto de Special Olympics
Cifra en preto de 1.500 as licenzas de deportistas con discapacidade, das que unhas 500 corresponden á Federación de Deporte Adaptado, destacando a súa inclusión