Actualidade
Buscador de novas
Rueda reafirma a aposta da Xunta por un urbanismo sustentable e de calidade ante os retos do sector inmobiliario
Salientou ao sector como “un piar da economía galega, fonte de emprego estable, de riqueza transversal e de desenvolvemento urbano”
A Xunta pon en valor na mesa estatal de directores xerais de comercio o compromiso prioritario co sector que se reforzará a través do futuro plan estratéxico
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na mesa de directores xerais de comercio das diferentes CCAA organizada polo Ministerio de Economía, Industria e Empresa no marco do Congreso de Comercio de Canarias
A Xunta aposta pola loxística innovadora cunha factoría que busca transformar retos empresariais en solucións reais
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na presentación oficial do proxecto Digital Cologistics Factoría de innovación de retos loxísticos, iniciativa que ten por obxectivo dixitalizar e facer máis sustentable o sistema loxístico da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal
A Xunta reforza os vínculos comerciais con EE.UU. coa vista posta na apertura de novas oportunidades de negocio para o tecido empresarial galego
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo cunha delegación estadounidense desprazada a Galicia e con responsables da Asociación de Industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia (Asime)
A Xunta impulsa a visibilidade e o crecemento da economía social a través do novo portal estatístico ‘Galestat’
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá no acto central da VI Semana Universitaria da Economía Social no que se presentou o novo portal estatístico da Economía Social en Galicia (Galestat)
Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa simplificación administrativa para fortalecer o desenvolvemento empresarial
Defende a eliminación de obstáculos burocráticos para a axilización dos proxectos económicos
Lorenzana pide o apoio da cámara para cambiar a Lei de Industria, que “ignora” a Galicia na planificación enerxética e pon en risco proxectos estratéxicos
Sinala que o texto non garante que os proxectos industriais teñan a interconexión eléctrica necesaria e considéraa “outro intento de recentralización sen recoñecer as competencias autonómicas”
A Xunta pon en valor o papel das startups cooperativas como modelo de futuro para Galicia
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa no evento "Diálogos Inspiradores: Tecnoloxía, Innovación e Economía Social" onde destaca os instrumentos públicos que impulsan o emprendemento tecnolóxico con impacto social, a través de financiamento, asesoramento e acompañamento integral
Manuel Pardo subliña a contribución do programa Reacciona da Xunta a prol da competitividade e innovación das pemes de Ourense cun investimento de preto de 107.000 euros
O delegado territorial lembrou que a Xunta, a través do Instituto Económico de Galicia (Igape), abriu o pasado día 21 de xaneiro, o prazo de presentación de solicitudes dunha nova edición deste programa cun orzamento de 2,8 M€
Lorenzana sinala a necesidade de que Galicia conte cunha sólida rede de puntos de recarga para vehículos eléctricos
Apunta que en tres meses estará operativo na páxina web da Consellería de Economía e Industria un visor que funcionará como un mapa interactivo onde facer consultas en tempo real sobre a localización destas instalacións na Comunidade