Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.013 novas da área temática Vivenda:

26/10/2024 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 200.000 € a redacción dos proxectos para converter locais en 18 vivendas, 4 delas en Valdecorvos

Xunto aos de Pontevedra, a Administración autonómica saca a concurso a redacción de proxectos para a conversión doutros locais da súa propiedade en Narón e Ourense

25/10/2024 | 15:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira M. Allegue avanza a creación da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia

Allegue sinalou que esta nova ferramenta, froito da escisión de Xestur, permitirá á Xunta completar o reto de duplicar o parque público residencial ao remate desta lexislatura

24/10/2024 | 15:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue solicita ao Ministerio de Vivenda axilidade no libramento dos fondos para a convocatoria do Bono Mocidade e maior dotación orzamentaria

A conselleira sinalou que o Goberno está a realizar anuncios, cando os fondos aínda non están á disposición das comunidades, que deberán xestionar a convocatoria, resolución e pagamento destas axudas para o alugueiro por parte dos mozos

22/10/2024 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta financia a rehabilitación dun inmoble para alugueiro social no concello de Covelo

O delegado territorial visitou as obras e lembrou o compromiso da Xunta de Galicia coa promoción de vivendas de protección oficial

22/10/2024 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta construirá en Santiago o primeiro edificio de aloxamentos compartidos e temporais, en alugueiro accesible, para mozos menores de 36 anos

Construirase un inmoble de 70 aloxamentos de alugueiro accesible na avenida Xoán XXIII, a carón da biblioteca Ánxel Casal, no que os mozos poderán permanecer ata tres anos en réxime de alugueiro  

21/10/2024 | 15:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta autoriza a transformación de 18 locais da súa propiedade en vivendas de promoción pública nos concellos de Narón, Ourense e Pontevedra

Rueda salienta que “é a primeira vez” que a Xunta autoriza unha conversión deste tipo en locais da súa propiedade, o que permite avanzar no compromiso de “duplicar” o parque público residencial esta lexislatura

21/10/2024 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para a redacción de proxectos e dirección de obras para a construción de 43 vivendas de promoción pública en Navia, Vigo

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ten licitado o contrato por un importe que rolda os 355.000 euros

18/10/2024 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue destaca o orzamento récord de 500 M€ para vivenda e infraestruturas e avanza a cualificación permanente da vivenda protexida

O orzamento increméntase un 8 % e pasa dos 476 M€ aos 513,8 M€ para enfrontar “os grandes retos” en vivenda e infraestruturas: “Estes orzamentos son a proba do pacto que adquirimos cos galegos, avalan o compromiso da Xunta e non escatimaremos nin en esforzo nin traballo”.

17/10/2024 | 15:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía en máis de 4 M€ os fondos destinados ao bono de alugueiro social

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución deste incremento do orzamento para este ano e o vindeiro 2025, no obxectivo de garantir unha axuda para o pago do alugueiro ás persoas incluídas nalgún dos colectivos beneficiarios do Bono

17/10/2024 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta informa ao alcalde de Ribeira das axudas para a promoción de vivendas e mobilización de vivendas para o alugueiro

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, mantivo unha reunión co alcalde para informalo sobre as posibles actuacións no concello en materia de vivenda con axudas da Xunta