Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.172 novas da área temática Formación:

10/07/2026 | 16:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento máis de 501.000€ no obradoiro Lubians II de Carballo e Coristanco no que se formarán a 20 desempregados para mellorar a súa empregabilidade

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter un certificado de profesionalidade en: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e en montaxe e instalacións de construcións de madeira

09/07/2026 | 16:03 | C. do Medio Rural

Medio Rural e o Inorde avalían vías de colaboración en materia de formación agraria e promoción dos produtos agroalimentarios de calidade

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión con representantes da entidade ourensá

07/07/2026 | 14:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon os programas integrados de emprego impulsados por Amicos como exemplo de integración sociolaboral nas comarcas do Barbanza e Noia

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego participou no acto de entrega de diplomas ás persoas participantes no PIE impulsado pola asociación entre o ano pasado e este, apoiado polo Goberno galego cunha achega de 220.000 euros

02/07/2026 | 17:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento de preto de 475.000 € no obradoiro Laracha X para formar a 20 desempregados do concello para mellorar a súa empregabilidade

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter un certificado de profesionalidade en: instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e en traballos de carpintaría e moble

01/07/2026 | 13:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros dá a benvida aos 10 alumnos que participan no obradoiro dual de emprego de Ferrol

Trátase dunha iniciativa financiada cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de preto de 227.300 euros

01/07/2026 | 12:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos erixe a Galicia como referente na protección do Patrimonio coa creación da primeira cátedra do norte peninsular especializada nesta área

O representante de Cultura salienta que o apoio da Xunta de 50.000€ “demostra con feitos o compromiso do Goberno galego de cara ao seu estudo, coidado e difusión”

27/06/2026 | 20:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en valor os 50 anos do Centro Integrado de FP Coroso como referente formativo no Barbanza

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, destaca este medio século preparando profesionais cualificados e contribuíndo ao desenvolvemento da comarca

27/06/2026 | 12:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e o Incipit impulsan nas residencias do Gaiás un proxecto sobre as prácticas de coidado ambiental na conca do Amazonas

Esta iniciativa conecta a axenda cultural de Galicia cos debates globais arredor da sustentabilidade hídrica, os dereitos humanos e a memoria das comunidades

26/06/2026 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As novas axudas a familias para comedores escolares poderán solicitarse entre o 6 de xullo e o 6 de agosto

As bolsas, de 150€, van dirixidas a usuarios de comedores xestionados por anpas, concellos e centros concertados con rendas de ata 6.000€ per cápita

25/06/2026 | 14:37 | C. do Mar

A Xunta eleva o orzamento do centro A Aixola até os 418.000€ e amplía a súa oferta formativa a todo o ano para reforzar o talento no mar

A Consellería do Mar incrementa a partida un 77% con respecto ao ano anterior para estender os cursos de especialización aos dous semestres do ano