Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.114 novas da área temática Turismo:

31/07/2026 | 13:50 | Axencia de Turismo de Galicia

O sector turístico galego incrementa a súa rendibilidade case o 7% no primeiro semestre de 2026

Máis de 2,95 millóns de visitantes fixeron máis de 5,1 millóns de noites nos establecementos de aloxamento da comunidade, segundo os datos feitos públicos hoxe polo INE

31/07/2026 | 13:47 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta financia con preto de 390.000 euros sete proxectos de embelecemento turístico do litoral en Ferrolterra e Ortegal

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deu conta da resolución desta convocatoria durante a visita a un dos establecementos beneficiarios

29/07/2026 | 14:38 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Medio Rural

A Xunta apoia un ano máis a presenza do stand ‘E para comer, Lugo’ en La Vuelta como escaparate da gastronomía e do turismo galego

Xosé Merelles destaca que esta iniciativa contribúe a reforzar a proxección de Lugo e de Galicia como destino gastronómico e turístico de referencia

28/07/2026 | 15:17 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia con 46.000 euros actuacións para modernizar cinco restaurantes e aloxamentos da capital lucense

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que a Axencia de Turismo de Galicia resolveu unha das convocatorias anuais para impulsar a competitividade do sector

28/07/2026 | 14:04 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa un ano máis as festas de Ferrol nun momento no que a cidade consolida o seu crecemento turístico cun 48,6 % máis de viaxeiros

Vanesa Martín, Siloé, Budiño, Leire Martínez e Paula Koops, entre outros artistas e bandas, actuarán ao longo dos 10 días de celebración

28/07/2026 | 10:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á construción dun campamento de turismo en Bueu

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

27/07/2026 | 15:14 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia acollerá a celebración do I Congreso Internacional de Estudos sobre as Peregrinacións do Xacobeo 2027

O encontro reunirá no mes de maio en Santiago a especialistas internacionais para reflexionar sobre o futuro das peregrinacións no marco do Ano Santo

27/07/2026 | 14:19 | Axencia de Turismo de Galicia

O albergue público de Vigo recibe ao seu peregrino 50.000 e o Camiño da Costa continúa batendo récords

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, recibiron ao camiñante nas instalacións do Berbés