Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 605 novas da área temática Maiores:

08/05/2026 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora co Concello de Sanxenxo na elaboración dun estudo pioneiro sobre a saúde, autonomía e benestar social dos maiores do municipio

A conselleira define a Sanxenxo como “referente no estudo da calidade de vida das persoas maiores”, ao apostar por un envellecemento activo, saudable e participativo

05/05/2026 | 15:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa o seu apoio a Ategal para impulsar actividades de envellecemento activo a través dun convenio de 210.000€

Fabiola García explicou que a colaboración co tecido social é fundamental para estender estas iniciativas e facilitar que cheguen a todos os maiores

03/05/2026 | 15:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita ao Concello de Valga pola XXVIII edición do seu encontro da terceira idade e que reúne cada ano centos de veciños

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, reivindicou a importancia destas iniciativas que promoven o envellecemento activo e a participación social dos maiores

02/05/2026 | 20:37 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración

Fabiola García finaliza a súa viaxe institucional na América Latina cun gran encontro coa comunidade galega da Arxentina

Destacou as iniciativas pioneiras creadas para facilitar a conciliación familiar e que sitúan a comunidade como referente nesta materia

02/05/2026 | 15:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta o XXXIII encontro dos maiores de Boqueixón como unha iniciativa dinamizadora que fomenta a súa participación social

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, convidou os veciños a participar nas accións e programas do Goberno galego para fomentar o envellecemento activo

01/05/2026 | 20:07 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral de Emigración

Fabiola García enxalza “a gran familia” que constitúen os centros galegos na Arxentina

Pon en valor o importante traballo que desenvolven as comunidades galegas na promoción e difusión da nosa cultura, así como a súa contribución ao mantemento dos vínculos con Galicia

30/04/2026 | 09:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estenderá o Carné +65 aos galegos do exterior para que poidan desfrutar das súas vantaxes nas viaxes que realicen a Galicia

Fabiola García mantivo un encontro coa colectividade galega que reside en Uruguai, onde presentou as medidas da Xunta destinadas a garantir o benestar das persoas maiores e das familias

29/04/2026 | 13:28 | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mellorará as instalacións do seu centro de día para persoas maiores en Ponteareas

Destinaranse 52.000 euros a cambiar a actual cuberta e dotala de illamento térmico para que as instalacións gañen en eficiencia enerxética

29/04/2026 | 10:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre a consulta pública previa da primeira Lei do Terceiro Sector de Acción Social de Galicia

Este é o paso previo á elaboración do anteproxecto desta norma específica que regulará o tecido social e creará un censo público e un plan de impulso e promoción

29/04/2026 | 09:21 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García presenta en Arxentina as políticas impulsadas pola Xunta para garantir o benestar dos maiores e o envellecemento activo

A conselleira reuniuse coa experta en silver economy Liliana Paredes e explica que o Goberno galego busca “dar as máximas oportunidades” aos maiores e “garantir que o envellecemento en Galicia sexa sinónimo de calidade de vida”