Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.519 novas da área temática Emprego:

26/06/2025 | 11:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ampliará o vindeiro curso o programa 'Aprender da tradición' ante o éxito dunha iniciativa pioneira que favorece a remuda en oficios tradicionais

José González clausurou o curso de xastrería, onde puxo en valor a relevancia desta experiencia de aprendizaxe integral, a primeira da súa clase en Galicia e única no ámbito institucional a nivel estatal, promovida pola Fundación Artesanía de Galicia

25/06/2025 | 13:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a recuperación dos servizos camerais de Ferrol como un exemplo de colaboración público-privada a prol do tecido empresarial galego

En próximas semanas reabrirán as oficinas camerais no edificio que ocupaba antigamente a Cámara de Comercio de Ferrol e recuperaranse todos os servizos, entre eles, asesoramento empresarial, formación e apoio ao emprendemento

25/06/2025 | 13:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza o seu compromiso coa seguridade e saúde laboral nunha nova xornada que alerta sobre os riscos da somnolencia ao volante

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá no Centro Issga de Lugo na apertura da xornada Desperta ao perigo: somnolencia e seguridade viaria

24/06/2025 | 12:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca nas instalacións de Maderas Gómez o papel fundamental do rural galego como motor de emprego de calidade, sostible e con futuro

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración puxo en valor o uso dos recursos locais da contorna e o modelo empresarial sostible desta empresa

23/06/2025 | 16:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca os bos resultados do programa ´Impulsa o Talento novo´ na conexión dos emprendedores galegos co enxeño universitario

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto coa directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron esta mañá na capital galega na xornada de presentación de resultados do programa

20/06/2025 | 15:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta destina 10 M€ á nova convocatoria de axudas para apoiar proxectos de investimento empresarial

O delegado territorial, Javier Arias, visitou dúas firmas asentadas no polígono monfortino que melloraron equipamentos e sistemas coa colaboración do Igape

20/06/2025 | 14:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a capacitación dixital como ferramenta clave para impulsar a empregabilidade e refozar a competitividade empresarial

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou o Hub de Innovación e Talento de Telefónica, onde defendeu a necesidade de promover unha formación para o emprego flexible e curta duración nun contexto de constante transformación tecnolóxica

20/06/2025 | 13:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa nun novo foro de diálogo para afrontar os novos retos do mercado laboral co foco posto no retorno das persoas galegas do exterior

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, interviu na xornada organizada pola Fundación Nortempo `Retos locais, respostas globais: Demografía, Migración e Emprego´