Actualidade
Buscador de novas
A Xunta financia unha sementeira de 50 mil unidades de ameixa xaponesa en Cedeira ao abeiro das axudas autonómicas de rexeneración dotadas con 2 M€
O conselleiro do Mar asistiu aos traballos incluídos no proxecto de rexeneración desta zona produtiva na que tamén se desenvolveron con anterioridade accións de remoción do substrato así como de retirada de depredadores e limpeza da área
A Xunta renova con 200.000€ a alianza coa DOP do Mexillón Galicia para mellorar a súa promoción e comercialización
Trátase da maior achega destinada polo Goberno galego a esta entidade dende que iniciaron esta colaboración en 2021
A directora do CETMAR aposta por situar o peixe e a proteína azul no centro das políticas europeas de seguridade alimentaria
No marco da Semana Marítima Mundial, que se celebra en Bilbao, Rosa Chapela avogou por políticas que dean protagonismo ás comunidades costeiras na planificación estratéxica da economía azul
Renovación da alianza de Mar e Medio Ambiente no ámbito da oceanografía operacional que da soporte ao observatorio costeiro da Xunta
Alfonso Villares destaca o papel da rede galega de observación océano-meteorolóxica que contribúe á eficiencia na xestión de eventos extremos, á resiliencia ante o cambio climático e á xestión sostible dos recursos mariños
A campaña “Galicia sabe AMar” da Xunta chega ao CEIP Leirado, en Salvaterra de Miño, co reparto gratuíto de pestiscos
A iniciativa da Xunta promove o consumo de produtos do mar, impulsa a súa venda e pon en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo
Villares reivindica a descentralización da xestión pesqueira comunitaria a través dunha maior participación das rexións na toma de decisións
O conselleiro do Mar participou na Asemblea Xeral Extraordinaria da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), onde manifestou a necesidade de ampliar a definición de pesca costeira artesanal no regulamento comunitario
O proxecto Free LitterAT, coordinado polo Cetmar, reúne nun kit de ferramentas en liña os recursos de 25 proxectos europeos para previr e reducir o lixo mariño
O traballo en rede foi desenvolvido no marco do proxecto Free LitterAT en colaboración co equipo de traballo do Pilar IV sobre Océanos Saudables e Costas Resilientes do Plan de Acción do Atlántico da Comisión Europea
Gardacostas realiza nos dous primeiros meses do ano máis de 1.700 decomisos
Destes, predominaron os crustáceos con máis de 700 quilos, seguidos dos cefalópodos con 650, dos equinodermos con 227, de distintas especies de peixe con 112 e, os bivalvos, con 40 quilos
Galicia reclama unha reforma da Política Pesqueira Común que responda de xeito eficaz ás necesidades e desafíos actuais do sector
O titular de Mar avoga por un modelo de xestión pesqueira equilibrado entre os factores medioambientais e os socioeconómicos, sustentado no coñecemento científico, e que reforza a pesca como piar da soberanía alimentaria
Galicia amosa no mercado americano a excelencia dos produtos marítimo-pesqueiros
A Administración autonómica aproveitará o certame para promover o peixe e o marisco galegos e favorecer que as empresas establezan novas alianzas comerciais con compañías doutros puntos do mundo