Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.072 novas da área temática Territorio:

29/03/2025 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A nova senda peonil e ciclista entre a Intermodal e San Caetano sitúa Santiago á altura das cidades europeas referentes en mobilidade sostible

A Xunta pon en servizo este treito do Eixo de Mobilidade Sostible de Santiago, que conta con 3,3 km de itinerario e no que se invisten 2,4M€

28/03/2025 | 13:56 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 900.000 € no concello de Monterrei en proxectos innovadores para o desenvolvemento sostible do rural

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, visitou a aldea de Infesta, epicentro de varios proxectos piloto de mellora da eficiencia enerxética e xestión sostible do territorio para reducir o risco de incendios

28/03/2025 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta instalará nesta campaña 20.000 trampas para capturar raíñas en niños primarios no marco das medidas de choque fronte a vespa velutina

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou o éxito desta medida o ano pasado cando se puxo en marcha en modo de proba e permitiu reducir os avisos nun 46% coa captura de máis de 113.200 raíñas

27/03/2025 | 19:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor na mesa estatal de directores xerais de comercio o compromiso prioritario co sector que se reforzará a través do futuro plan estratéxico

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na mesa de directores xerais de comercio das diferentes CCAA organizada polo Ministerio de Economía, Industria e Empresa no marco do Congreso de Comercio de Canarias

27/03/2025 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
25/03/2025 | 13:20 | C. do Medio Rural

Medio Rural entregará seis máquinas hidrostáticas polivalentes ao SPIF e a catro mancomunidades municipais da provincia de Ourense

A titular do departamento explicou que se trata de vehículos deseñados pola propia Dirección Xeral de Defensa do Monte e que poden realizar tanto traballos preventivos como de extinción