Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.870 novas da área temática Economía:

08/03/2025 | 14:11 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o éxito do Programa Renova o teu vehículo que xa esgotou o crédito para particulares nun mes e medio

Lembra que aínda hai fondos dispoñibles para empresas e autónomos interesados en acceder a estas axudas

08/03/2025 | 12:33 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que a Xunta leva destinado preto de 57 M€ a axudas para maquinaria e equipamento das empresas forestais, un 17% na provincia de Pontevedra

Lembra que ata o vindeiro 26 de marzo permanece aberta a convocatoria deste ano, con axudas que oscilan entre os 50.000 e os 200.000 euros para serradoiros e rematantes

06/03/2025 | 14:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta mellora as condicións dos préstamos concedidos con fondos públicos para apoiar a actividade económica do tecido empresarial galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dun novidoso programa que conta cun orzamento de cinco millóns de euros e permitirá subvencionar os xuros de préstamos concedidos con fondos Next Generation EU e Xesgalicia

06/03/2025 | 13:05 | C. de Economía e Industria

Martina Aneiros ratifica o apoio da Xunta as pemes a través das axudas a proxectos de investimento empresarial dotadas de 10 M€

Este programa do Igape ten por obxecto estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial para dinamizar a actividade económica na Comunidade

05/03/2025 | 17:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos equipara o edificio do Banco Pastor no seu centenario á capacidade de Galicia para xerar riqueza e crecemento

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou no acto de celebración do século de existencia do emblemático rañaceos da Coruña

05/03/2025 | 16:19 | C. de Economía e Industria

Lorenzana advirte da necesidade de que o novo plan europeo para a automoción se aplique coa máxima celeridade

“Consideramos que é un plan que se necesitaba con carácter de emerxencia, non só de urxencia”, di, para avisar de que, a partir de agora, non se pode perder tempo en desenvolvementos regulatorios

04/03/2025 | 11:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia gaña case 17.000 afiliacións na comparativa anual e reduce o paro a un ritmo maior que o estatal

A cifra de desemprego acadada en Galicia en febreiro -120.977- é a máis baixa neste mes desde que hai serie histórica (1996)

03/03/2025 | 16:39 | C. de Economía e Industria

Lorenzana viaxa mañá a Bruxelas nunha semana decisiva para o sector da automoción

Coincide coa presentación, o vindeiro mércores, do plan de actuación que a Comisión Europea anunciou para o sector da automoción e logo do adianto feito hoxe pola presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, de que se vai ampliar de un a tres anos o calendario de redución de emisións ao que están obrigados os fabricantes europeos