Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.204 novas da área temática Medio ambiente:

06/05/2025 | 13:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o coidado e respecto ao medio ambiente das empresas galegas que teñen acreditada a súa produción coa etiqueta europea Ecolabel

Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo das 18 compañías asentadas en Galicia que contan con este distintivo europeo, pois é voluntario e certifica un xeito de producir máis respectuoso que, ás veces, implica maiores custos

06/05/2025 | 12:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina máis de 240.000 € a axudas para actuacións de conservación e posta en valor do patrimonio natural e cultural nas Fragas do Eume

Ángeles Vázquez explica que, en total, se concederon 103 axudas por un importe total de 1,4 M€ para acometer actuacións de cara a protexer a biodiversidade, paisaxe e patrimonio cultural e ecolóxico nos seis parques naturais galegos

05/05/2025 | 17:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda avalía cos alcaldes da Mancomunidade de Verín iniciativas para mellorar os servizos de abastecemento e saneamento da comarca

O presidente da Xunta mantivo hoxe un encontro cos rexedores no que lles trasladou as diferentes liñas de axudas que Augas de Galicia pon a disposición dos concellos

05/05/2025 | 14:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 7,2 quilómetros do río Regueira, no concello de Xove

As tarefas que realiza Augas de Galicia no municipio lucense prolongaranse durante arredor de sete semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

04/05/2025 | 18:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina máis de 1 M€ á instalación dun sistema completo de trazabilidade de residuos en toda a infraestrutura industrial de Sogama

As actuacións adxudicadas centraranse nas plantas de transferencia, nas catro de compostaxe, nas propias instalacións de Cerceda e nas dúas terminais ferroviarias

03/05/2025 | 10:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece preto dunha ducia de actividades de divulgación ambiental durante o mes de maio no marco do proxecto transnacional LIFE Insular

A illa de Cortegada acollerá cinco actividades, que inclúen a plantación de especies arbóreas autóctonas, rutas interpretativas e obradoiros

02/05/2025 | 15:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por 22,4 M€ a construción e a xestión da primeira planta pública de clasificación de residuos téxtiles de Galicia

A nova instalación, que ocupará unha superficie de 8.000 m2 no complexo medioambiental de Cerceda e terá capacidade para tratar 3.000 toneladas anuais, ampliable ata as 24.000, prevese que estea finalizada no segundo trimestre de 2026

02/05/2025 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta promove na Coruña a venda de produtos de segunda man co fin de reducir a xeración de residuos

Ángeles Vázquez anima aos particulares a participar os vindeiros 17 e 18 de maio no Tinglado coruñés, onde poderán vender todo tipo de obxectos e darlles unha segunda vida apostando así pola reutilización

02/05/2025 | 13:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta axudará con 180.000 € ao Concello de Ares na restauración do humidal da Xunqueira para preservalo do cambio climático e mellorar a súa conectividade

As actuacións subvencionadas divídense en tres proxectos, financiados nun 80 % polo Goberno galego e que permitirán recuperar espazos naturais desta área, incluída no Inventario de zonas húmidas de Galicia e moi próxima ao centro urbano aresán