Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.013 novas da área temática Vivenda:

30/09/2024 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por un investimento de máis de 258.000 € as obras de rehabilitación da área recreativa da Peneda, no concello de Monterroso

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación deste contrato, establecendo un prazo de presentación de ofertas que remata o vindeiro 29 de outubro

27/09/2024 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Martínez Allegue destaca o compromiso da Xunta coa accesibilidade nas actuacións en materia de infraestruturas e vivenda

María M. Allegue realizou un percorrido en cadeira de rodas no entorno do edificio administrativo de San Caetano, que “axudou a ter unha visión máis certeira do que significan as barreiras arquitectónicas no día a día”

26/09/2024 | 18:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta terá resoltas nas vindeiras semanas a totalidade das axudas ao alugueiro, ás que destina 20 M€

A convocatoria recibiu un total de 17.850 solicitudes, e o secretario de Vivenda sinalou que o proceso de tramitación xa supera o 60% das solicitudes, por 6,1M€

26/09/2024 | 17:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Martínez Allegue destaca que “Valdecorvos é a construción que queremos para a vivenda protexida en Galicia: moderna, sostible e accesible "

María M. Allegue subliñou o impulso da Xunta a este barrio de Pontevedra, “onde temos adxudicadas 132 vivendas protexidas e xa estamos a construír 74 de promoción pública”

24/09/2024 | 18:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/09/2024 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta xa ten en marcha as 144 vivendas de promoción pública inicialmente previstas no barrio coruñés de Xuxán

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, avanzou que, ademais do edificio adxudicado hoxe, a vindeira semana se licitará a construción dun novo inmoble, con outras 14 vivendas

16/09/2024 | 15:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta destinará preto de 8 M€ á adquisición de 143 vivendas de promoción pública na comunidade autónoma para destinalas ao alugueiro

O Executivo galego autoriza a compra a particulares de vivendas construídas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e adxudicadas en réxime de compravenda, cuxos propietarios queren agora vendelas

14/09/2024 | 10:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en valor a súa política de vivenda na comisión executiva da Asociación de Promotores Públicos de Vivenda e Solo

O director xeral do IGVS participou na reunión da comisión executiva de AVS, á que pertence por ser membro de dita asociación o organismo que dirixe