Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 2.026 noticias de la área temática Turismo:

30/07/2025 | 15:35 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o compromiso da Xunta co enoturismo e anuncia novas axudas de 3,5 millóns de euros para a mobilidade sostible nestes establecementos

Convocaranse no último trimestre e apoiarán a compra de bicicletas e patinetes eléctricos, puntos de recarga e promoción das actividades enoturísticas

30/07/2025 | 14:41 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo destaca o investimento da Xunta na “Pulpería Ezequiel” de Melide para a mellora da súa eficiencia enerxética

A delegada informou que na provincia foron beneficiados 45 establecementos por un importe de máis de 3,2 millóns de euros

29/07/2025 | 13:02 | Axencia de Turismo de Galicia

Omar Montes, Vicco, Lérica, Chema Rivas e Mondra súmanse ao programa das Festas de Ferrol cos Concertos do Xacobeo

As citas musicais terán lugar na Praza de Armas da localidade ferrolá entre o 22 e o 31 de agosto

28/07/2025 | 15:44 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. do Mar

A Xunta apoia a XXXIX Feira do Bonito de Burela, unha cita gastronómica consolidada no verán da Mariña

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tamén patrocina o concerto do artista Enol, que terá lugar na zona portuaria da localidade

28/07/2025 | 15:25 | Axencia de Turismo de Galicia

Belén do Campo presenta a primeira senda ecoturística de Biosfera como exemplo dun turismo sostible e de posta en valor do litoral

A delegada da Xunta na Coruña puxo en valor esta intervención como “un exemplo claro do modelo de territorio que queremos para as Reservas de Biosfera galegas: un ecoturismo certificado, respectuoso co medio, de calidade e centrado na restauración ambiental”

28/07/2025 | 15:23 | Axencia de Turismo de Galicia

Ana Ortiz salienta a nova convocatoria do Bono Turístico e lembra ás empresas que aínda poden adherirse ao programa

A delegada territorial da Xunta visitou o Hotel Exe, un dos negocios que xa están incluídos a este programa en Vigo

28/07/2025 | 12:41 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta e a Federación Galega de Montañismo poñen a punto 151 rutas de sendeirismo nunha clara aposta pola promoción do turismo de natureza

O director de Turismo de Galicia percorreu un tramo da ruta ‘Per Caminho de Lampai’, homologada pola Federación Galega de Montañismo que ten un percorrido de 4,4 Km.

26/07/2025 | 11:07 | Axencia de Turismo de Galicia

O Comité Internacional de Expertos no Camiño reuniuse en Santiago coa vista posta no Xacobeo 2027

O director de Turismo de Galicia destacou o traballo da organización na valorización dos distintos itinerarios e da cultura que rodea ao Camiño