Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa en Madrid a divulgación dos oficios da artesanía téxtil
A Fundación Artesanía de Galicia patrocina catro obradoiros impartidos por profesionais de Artesanía de Galicia, que se celebrarán ata final de ano en colaboración coa marca de roupa artesanal Carmen 17
A Xunta destaca o potencial do Mercado Municipal de Tui na innovación e dinamización do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo asistiu á inauguración do Mercado de San Antonio, renovado recentemente e que conta co apoio do Goberno galego dentro das axudas de impulso aos Mercados Excelentes
A Xunta destaca os máis de 2,5 M€ investidos en 6 novos obradoiros de emprego para persoas mozas na Coruña para mellorar a empregabilidade e os servizos públicos
Belén do Campo sinalou que estas iniciativas financiadas polo Goberno galego tamén reforzan a colaboración coas entidades locais e permiten que as persoas que participan nelas obteñan un certificado de profesionalidade
A Xunta convoca os Premios do Comercio Galego 2024 para recoñecer o labor dos profesionais do sector e contribuír á súa posta en valor
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases reguladoras destes galardóns que outorga a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A Xunta incide no compromiso coa remuda xeracional para garantir a continuidade dos comercios e negocios que xeran riqueza e emprego
José González puxo en valor esta iniciativa pioneira, dotada con 1,5 millóns de euros e cuxo prazo permanece aberto ata o 30 de outubro, aínda con crédito dispoñible
A Xunta continúa avanzando en Lugo co proceso participativo para a elaboración do Plan estratéxico do sector comercial
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, está a manter hoxe diferentes encontros con representantes de asociacións de comerciantes e de centros comerciais abertos da provincia de Lugo
A Xunta reúnese con empresarios do lecer nocturno de Lugo para a súa adhesión ao protocolo contra violencias sexuais e LGBTIfóbicas
O director xeral de Loita contra Violencia de Xénero e o delegado territorial da Xunta en Lugo reuníronse con responsables do sector
A Xunta apoia en Vigo a campaña ‘Mercado de Teis ao teu lado’ no marco das axudas para impulsar unha rede de mercados excelentes en Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo e a delegada territorial da Xunta en Vigo asistiron esta mañá á presentación da iniciativa que busca poñer en valor o mercado de Teis, incluíndo regalos promocionais por mercar nestas instalacións