Actualidad
Buscador de noticias
Ana Ortiz confirma o apoio da Xunta á nova edición da regata inclusiva “Vigo a vela”
A delegada territorial mantivo un encontro cos organizadores da iniciativa que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade “coa plena inclusión” das persoas con discapacidade a través do deporte
A Xunta abre hoxe o prazo para que concellos e mancomunidades poidan solicitar axudas coas que financiar a contratación de socorristas no verán
A orde da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dotada con 1,5M€, sufragará os gastos da contratación de persoal de socorrismo, tanto persoal en situación de desemprego como persoal propio do concello para o servizo de socorrismo ou contratado a través dunha empresa externa
A Xunta colabora con ‘Futbolinlugo’ nas actividades para fomentar a práctica do fútbol entre rapaces e rapazas da provincia
O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación das xornadas e campus que se desenvolverán nos vindeiros meses en Lugo, A Pastoriza, Guntín, Castro de Rei e Burela
Belén do Campo visita os cursos AFD da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo que contan cun apoio da Xunta de case 307.000 euros
A delegada informou que a Xunta apoia con máis de 6,1M€ a 24 entidades da cidade da Coruña para levar a cabo 127 Accións Formativas para Desempregados
Diego Calvo destaca a consolidación de Galicia na organización de eventos de alto nivel no fútbol base
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou esta tarde na recepción aos xogadores que compiten desde hoxe ata o domingo en campos da provincia da Coruña no Campionato de España de seleccións autonómicas nas categorías sub-14 e sub-16
A Xunta pon en valor o deporte como sector estratéxico na economía galega
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, percorreu as instalacións de Termaria-Casa da Auga con representantes do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar no marco dunha rolda de visitas a empresas deportivas da comunidade para coñecer a súa actividade
Oia mellora a pista multideporte de Lourenza grazas a unha axuda da Xunta de 50.000 €
Esta liña de axudas deixou na provincia de Pontevedra preto de 1,2 millóns de euros
A Xunta subvenciona con 56.000 euros as obras de mellora da eficiencia enerxética do anexo ao pavillón municipal de Pontecesures
A actuación financiase con cargo á liña destinada á mellora da eficiencia enerxética en edificios municipais de concellos de menos de 15.000 habitantes do Fondo de Cooperación Local