Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.114 novas da área temática Turismo:

10/09/2025 | 15:23 | Axencia de Turismo de Galicia

La Vuelta despídese de Galicia tras tres etapas co Barco de Valdeorras como sede inédita

O director de Turismo de Galicia asistiu á saída dos corredores na 17 etapa, onde lembrou o potencial dos eventos deportivos para posicionar Galicia como destino

10/09/2025 | 12:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta suma máis de 3,6M€ para reactivar a imaxe do destino, incentivar a demanda e paliar a perda de ingresos no sector turístico tras a vaga de incendios

O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Ourense presentaron a batería de medidas para axudar de xeito específico ao sector turístico

09/09/2025 | 13:56 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia pon en coñecemento do Concello de Vilagarcía os desperfectos do albergue de Carril e ínstao a que proceda ao seu arranxo

A Xunta lembra que o Executivo municipal é o titular do inmoble que foi cedido para o seu uso como albergue

09/09/2025 | 13:49 | Axencia de Turismo de Galicia

A música electrónica de vangarda chega a Santiago de Compostela cunha nova edición do WOS Festival no marco dos Concertos do Xacobeo

A Xunta de Galicia dálle cobertura á oitava edición do festival, referente no ámbito da música de vangarda a nivel estatal, con máis de 30 artistas nacionais e internacionais

07/09/2025 | 14:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza a Festa da Vendima do Saviñao “polo seu valor cultural e gastronómico”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude é nomeado Cabaleiro da Orde do Mencía na cuarta edición desta celebración nun ano, dixo, “especialmente importante para acadar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial”

07/09/2025 | 13:46 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles pon en valor o atractivo turístico da Festa dos Callos de Salceda de Caselas

O director de Turismo de Galicia participou na festividade para salientar a capacidade que as festas gastronómicas teñen á hora de diversificar a oferta turística da Comunidade