Actualidade
Buscador de novas
O Consorcio Casco Vello de Vigo adxudica a rehabilitación dun edificio e o alugueiro dun novo local comercial
A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, presidiu o comité executivo e o consello de administración
A Xunta publica no DOG as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2024
A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia
A Xunta licita a rehabilitación de 4 edificios que permitirá habilitar 14 vivendas para alugueiro social en Ourense, Ribadavia e Tui
A contratación realízase en 3 lotes, cun investimento global de 3,2 M€, e as empresas poden presentar ofertas ata o 20 de setembro
A Xunta licita por 3,5M€ a urbanización residencial de Pedralonga na Coruña
Trátase dunha das actuacións recollidas no Proxecto de Interese Autonómico do Novo CHUAC, e a urbanización reserva chan para 17 vivendas unifamiliares, zonas verdes, área comercial, aparcadoiros e un novo viario residencial con preferencia para peóns
Ana Ortiz entrega as chaves dunha vivenda pública en alugueiro na avenida de Galicia de Vigo
A delegada da Xunta destaca que a vivenda foi recentemente reformada cun investimento de preto de 35.000 €
A Xunta inicia a construción dun edificio de 12 vivendas de promoción pública en Lamas de Abade, en Santiago
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, supervisou hoxe o inicio das obras deste inmoble, no que se invisten 2,5M€ e teñen un prazo de execución de 13 meses
A Xunta adxudica por máis de 7,7 M€ a construción de 41 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, en Vigo
Trátase da construción dun edificio para destinalo a vivendas de promoción pública, que se adxudicarán en réxime de alugueiro
Belén do Campo supervisa un novo ascensor instalado coas axudas da Xunta para facer máis accesibles os edificios residenciais e vivendas
A Xunta destina este ano 11M€ para este tipo de actuacións
A Xunta licita a construción de 64 vivendas de promoción pública na praza de Cambedo de Raia, en Ourense, cun investimento de 13,17 M€
A promoción está formada por catro bloques illados de baixo e tres alturas, cada un deles con 16 vivendas
A Xunta aproba definitivamente o PXOM do concello ourensán de Baltar
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou hoxe o documento na súa visita ao concello ourensán, que se converte no 123 de Galicia en contar cun planeamento urbanístico adaptado