Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a Asociación de Produtoras Independentes poñen en marcha o programa ‘Educa Audiovisual’ para o alumnado galego de secundaria
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades conta con Agapi para a xestión desta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 filmes e series para traballar na clase como complemento aos contidos curriculares
Preto de 150 estudantes participan no primeiro Encontro Lusófono organizado polo Instituto IES Alfredo Brañas de Carballo
O secretario xeral de Política Lingüística participa nesta xornada promovida ao abeiro da Lei Paz Andrade para impulsar os vínculos coa lusofonía
A Xunta achega ao CPI Plurilingüe de Vedra os obradoiros talento mozo con casos de éxito da xuventude galega
A gañadora do premio Acción Voluntaria 2020 na categoría individual, Sofía Prol, e a directora de comunicación e marketing de viaqua, Sonia Delpont, mantiveron un coloquio co alumnado do centro
A Xunta abre o prazo do premio de relato curto ‘Nortear’ para obras escritas en galego ou portugués
Dotada con 3.000 euros, a iniciativa está impulsada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal
A Xunta galardoa as mellores declaracións de amor do duodécimo certame Lingua de namorar
Na categoría A, de 14 a 19 anos, foron premiados a ourensá Alba Guzmán Falcón, o coruñés Santiago Sánchez Villarino e a veciña de Pantón Carla López Otero
O día da Xuventude da Xunta celébrase en Ribadeo
Durante toda a xornada de hoxe a xente nova desfruta dunha ampla programación de actividades con obradoiros, xogos e música, totalmente gratuíta
Fabiola García visita o proxecto Emocionarte que leva actividades artísticas aos nenos hospitalizados no Clínico Universitario de Santiago
O obxectivo desta iniciativa, impulsada pola Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva, é que os menores teñan unha estadía máis agradable no centro, axudalos a xestionar mellor as súas emocións e que poidan iniciarse en actividades como a costura, a música, a maxia, a pintura ou a literatura
A Xunta leva as actividades do programa ‘Feira da primavera’ ao Espazo Xove de Tui
A iniciativa inclúe obradoiros, un campionato de globos e unha representación de teatro
Trenor anima aos mozos de Costa da Morte a solicitar praza nos campamentos e nos campos de voluntariado da Campaña de Verán 2023
As familias, as mozas e os mozos interesados en participar nun campamento teñen ata o 2 de maio para presentar a solicitude de praza
O instituto Escolas Proval de Nigrán representará a Galicia na fase nacional do certame espacial Cansat
O proxecto ‘SetiSAT’ acada o premio Mellor CanSat Galicia 2023 na fase autonómica que concluíu hoxe na Cidade da Cultura