Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita as obras de 20 vivendas de promoción pública no barrio San Eleuterio-Tameiga, en Mos, cun investimento de máis de 4,1 M€
Trátase dun edificio de tres plantas e as vivendas terán entre dous e catro dormitorios
A Xunta celebra a primeira reunión do grupo de traballo co concello de Vigo co obxectivo de reforzar o acceso á vivenda protexida
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou esta mañá neste encontro
A Xunta somete a información pública a aprobación inicial do Plan Básico Municipal de Lobeira
O prazo de consulta e presentación de alegacións é de dous meses contados a partir deste martes 30 de xullo, trala publicación no Diario Oficial de Galicia
A Xunta mantén aberto o prazo para que os concellos se acollan ás novas axudas para habilitar viviendas dirixidas a persoas sen fogar
Destínanse 5,7 millóns de euros a esta convocatoria, que permanecerá aberta ata o vindeiro día 5 de agosto
A Xunta comezará este luns as obras de mellora do firme na estrada AC-303, ao seu paso polo concello de Ribeira
Esta actuación forma parte do contrato de reforzo do firme en 7 vías autonómicas ao seu paso por 10 concellos da provincia da Coruña, cun investimento de 3,6 M€
O Goberno central rectifica e inclúe a Galicia no Proxecto Viena que permitirá construir 301 vivendas protexidas en 4 solos da Sareb na comunidade
A incorporación da comunidade ao programa fora unha das demandas efectuadas pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na reunión mantida en maio coa ministra Isabel Rodríguez, reiterada posteriormente por carta e no encontro da pasada semana en Betanzos
A Xunta concedeu axudas por 1,5M€ para rehabilitación de vivendas de titularidade municipal destinadas a alugueiro social
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou hoxe no acto de formalización da entrega de seis vivendas no concello da Peroxa, rehabilitadas para alugueiro social
O Consorcio Casco Vello de Vigo continúa coa rehabilitación do Berbés e inicia a venda de dúas promocións de vivenda pública na zona alta do barrio
A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, presidiu o comité executivo e o consello de administración
A Xunta recibiu 33 ofertas para a redacción dos proxectos de dous grupos de vivendas de promoción pública en Valdecorvos, no concello de Pontevedra
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou en xuño a redacción dos seus proxectos por preto de 600.000 euros.
A Xunta saca a concurso a adxudicación de dúas parcelas para a construción de vivenda protexida no Bertón, no concello de Ferrol
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, deu a coñecer as condicións do concurso no almorzo informativo que hoxe mantivo na cidade con representantes do sector inmobiliario e cooperativistas, no que destacou o avance que está a experimentar Ferrol, “sinónimo agora mesmo de oportunidades e futuro”, que a Xunta está a reforzar con investimentos en infraestruturas e dotación de vivenda pública