Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.427 novas da área temática Medio ambiente:

22/07/2025 | 15:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e outras cinco autonomías instan ao Goberno central a reformar a lexislación de costas para unha xestión máis eficiente e adaptada a cada territorio

Galicia, Canarias, Murcia, Baleares, Andalucía e a Comunidade Valenciana asinaron un manifesto pola defensa do litoral español e a súa xestión responsable

22/07/2025 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia informa ao concello das Pontes de que estarán dispoñibles máis de 2.100 l/s para novos usos

A nova capacidade débese á modificación da concesión de auga a Endesa que, tras o desmantelamento da central térmica, pasa de consumir 2.560 l/s a 390 l/s

22/07/2025 | 13:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon as árbores senlleiras da casa-museo Rosalía de Castro como exemplo de conservación de exemplares de alto valor histórico e cultural

A Camelia de Rosalía e o Loureiro dos Poetas súmanse á figueira que xa estaba catalogada como exemplar senlleiro de Galicia

22/07/2025 | 12:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao plan especial de reforma interior que permitirá ordenar o espazo ao carón do museo provincial de Lugo

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que o desenvolvemento urbanístico proposto non terá efectos ambientais adversos sempre que se teñan en conta as condicións fixadas no propio informe

21/07/2025 | 19:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta devolve ao medio natural un exemplar de mazarico real tras completar con éxito a súa cría no Centro de recuperación de fauna do Veral

Ángeles Vázquez salienta que Galicia traballa co fin de promover o asentamento e reprodución desta especie migratoria, en perigo de extinción e da que cinco exemplares adoitan visitar o territorio galego entre os meses de febreiro e xullo

21/07/2025 | 19:14 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta constitúe o Comité que impulsará as actuacións de carácter estratéxico definidas na Lei do litoral

O comité analizou os últimos avances nos traballos de elaboración do Catálogo de bens de valor cultural no litoral, coa execución de visitas de campo para actualizar os datos dispoñibles, e no deseño da Gran senda pola costa que conectará Ribadeo e A Guarda

21/07/2025 | 13:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que o novo convenio marco cos xestores de pilas e acumuladores incrementa as compensacións aos concellos adscritos en máis dun 20%

Ángeles Vázquez explica que as entidades locais pasarán dos 490 €/t que recibían ata o de agora aos preto de 590 €/t que recolle o novo acordo marco

20/07/2025 | 10:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por 42.600 € a elaboración dun plan específico para zonificar a implantación de vertedoiros de residuos non perigosos en Galicia

Grazas a esta ferramenta, pioneira en todo o país, poderá determinar que lugares son aptos ou non para albergar novas instalacións deste tipo, aliviando a presión sobre as xa existentes e minimizando o seu posible impacto ambiental e paisaxístico

18/07/2025 | 15:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez avoga por aplicar o principio de cogobernanza da lei do litoral de Galicia como base para reformar a norma estatal en materia de costas

Subliña que é clave a unión de esforzos e a interacción entre diferentes actores, públicos e privados, para garantir unha xestión ética e responsable da costa

17/07/2025 | 16:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia expón no País Vasco a Lei do litoral como referente para o resto de comunidades autónomas

Galicia expón no País Vasco a Lei do litoral como referente para o resto de comunidades autónomas