Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.072 novas da área temática Territorio:

24/01/2025 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 4,3 km do rego do Pazo, no Concello de Trazo

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 5 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

23/01/2025 | 19:32 | C. do Medio Rural

Medio Rural enxalza a Aula da Natureza de Begonte como espazo para poñer en valor o patrimonio cultural e etnográfico

A conselleira María José Gómez visitou estas instalacións, que se reformaron cun investimento de algo máis de 50.000 euros procedente da medida Leader

23/01/2025 | 17:38 | C. do Mar

Villares destaca o auxe da Mariña como destino náutico tras recibir máis de mil barcos en tránsito durante o pasado ano

Os portos autonómicos de Ribadeo e Viveiro rexistraron un incremento interanual do 18% nas embarcacións foráneas cun volume de negocio superior aos 800.000 euros

20/01/2025 | 14:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dá luz verde ao informe ambiental da modificación do PXOM da Coruña para construír unhas 520 vivendas protexidas máis en Xuxán

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que os cambios de uso no sector SURT-2 do antigo Ofimático non terán efectos adversos significativos

20/01/2025 | 12:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo destaca a boa acollida das axudas da Xunta a concellos e particulares para a corrección de impactos urbanísticos

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou por quinto ano esta orde de subvencións que conta cun orzamento de dous millóns de euros

18/01/2025 | 13:37 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que a partir do vindeiro mércores poderán solicitarse as axudas da Xunta para a compra de vehículos eficientes

Esta nova convocatoria conta cun orzamento de 3,1 M€ e subvenciona a compra de turismos e furgonetas cun custo inferior ou igual a 42.000 €, que se amplía a 47.000 € para vehículos eléctricos cunha autonomía maior a 30 km en modo eléctrico e, como novidade, en 6.000 euros máis, cando se trate dun vehículo adaptado para a condución de persoas con discapacidade ou se dispón de oito ou nove prazas

18/01/2025 | 10:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina preto de 900.000€ a programas de voluntariado xuvenil e interxeracional no rural

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega case 600.000€ a iniciativas que unan mocidade e maiores de 55 anos para dinamizar concellos menos poboados

17/01/2025 | 15:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta analiza coa `Comunidade de Montes de Vincios´ e con empresarios posibles solucións para acelerar o desenvolvemento do polígono da Pasaxe

A conselleira traslada o compromiso da Xunta de axudar e participar en parte do financiamento necesario para acometer a obra de urbanización do polígono da Fase 1

17/01/2025 | 14:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Particulares e concellos poderán solicitar dende o luns as axudas da Xunta para corrixir impactos paisaxísticos

O delegado territorial, Javier Arias, explica que na provincia de Lugo se concederon 283.000 euros que facilitaron un cento de actuacións de iniciativa privada ao abeiro da convocatoria do ano pasado

17/01/2025 | 11:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta afronta con “boas expectativas” a recta final da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o cumprimento rigoroso de prazos para que a Unesco teña o expediente definitivo antes do 1 de febreiro