Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.005 novas da área temática Industria:

18/12/2023 | 13:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá preto de 44.000 euros na redacción do proxecto de expropiación dos terreos para ampliar o parque empresarial de Bértoa, en Carballo

O Executivo galego urbanizará máis de 638.000 metros cadrados de superficie bruta, dos que preto de 380.000 corresponderán a parcelas de uso empresarial

15/12/2023 | 17:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta solicita a Alcoa claridade e transparencia no calendario de actuacións e o compromiso de todos para garantir o futuro da planta

Demanda ao Goberno que adopte as medidas precisas para garantir ao sector electrointensivo un prezo eléctrico competitivo

14/12/2023 | 20:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon aos empresarios do polígono do Tambre como exemplo do espírito da industria galega

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou no acto homenaxe ás empresas que cumpren 25 anos na Asociación, onde destacou a importancia de apostar pola cooperación público-privada para impulsar o desenvolvemento industrial e económico de Galicia

14/12/2023 | 16:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta por un futuro industrial, sustentable e innovador que xere beneficios directos para a comunidade

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, entregou o premio APD ao directivo do ano, que na súa segunda edición recoñece a Pablo Fernández Castro, presidente de Norvento Enerxía

13/12/2023 | 17:02 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta da Xunta por implantar en Galicia unha industria xeradora de biocombustibles

Salienta que a Administración autonómica está poñendo sobre a mesa todas as facilidades posibles a nivel de tramitación e apoios para ver materializados os proxectos previstos

12/12/2023 | 19:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta velará pola selección dun proxecto industrial que garanta a viabilidade de Fandicosta

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, a directora do Igape, Covadonga Toca, e a directora de XesGalicia, Raquel Rodríguez Espiño, mantiveron unha reunión de traballo co comité de empresa e representantes da compañía

12/12/2023 | 13:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
11/12/2023 | 18:06 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta exixe unha actuación leal, coordinada e comprometida de todas as administracións para garantir o futuro de Alcoa

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asegura que na reunión convocada polo Ministerio de Industria para o vindeiro venres “será fundamental o papel da Administración do Estado” e a súa “sensibilidade” para articular medidas específicas para as empresas electrointesivas