Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.518 novas da área temática Emprego:

23/05/2025 | 15:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o auxe do cooperativismo como fórmula a prol da igualdade e do emprego de calidade

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou a asemblea xeral ordinaria de EspazoCoop, á que tamén asistiu o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández

23/05/2025 | 15:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade

A Xunta detalla as medidas que está a levar a cabo para mellorar a xestión das incapacidades temporais e facilitar os trámites a pacientes e profesionais

A Consellería de Sanidade comeza a incluír probas diagnósticas realizadas polas mutuas na historia clínica electrónica dos pacientes

23/05/2025 | 11:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz destaca a contribución do Bono Talento Empresa ao tecido empresarial de Vigo a través de microformacións

A delegada territorial da Xunta de Galicia visitou o Hotel Tres Luces, beneficiario das achegas para cursos relacionados coa innovación e atención ao cliente

23/05/2025 | 10:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta forma a preto de 30 técnicos de prevención para o desenvolvemento de funcións comprobatorias co gallo de reducir a sinistralidade laboral

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) remata hoxe o curso específico para habilitar ao seu persoal técnico para o desenvolvemento de actuacións comprobatorias das condicións materiais de seguridade e saúde nos centros de traballo

22/05/2025 | 13:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta lanza un programa de cooperación con Portugal de 1,3 M€ para promover a inserción laboral da mocidade nos mercados de Galicia e o norte luso

Lara Meneses erixe esta acción como un “piar fundamental” para mellorar as oportunidades de emprego da xente nova e rexuvenecer o tecido produtivo

22/05/2025 | 12:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta o papel dos 70 obradoiros artesanais da provincia de Ourense como exemplos de emprendemento e dinamización territorial

José González puxo en valor o traballo da artesá Inés Rodríguez ao fronte do taller RIR&Co, adherido a Artesanía de Galicia, e destacou a súa aposta pola incorporación de materiais innovadores á tradición da teceduría de baixo lizo

22/05/2025 | 10:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca o sábado en Silleda máis de 2.500 persoas ás probas para avaliar competencias clave en galego, castelán, matemáticas e inglés

Os exames están dirixidos a persoas que non teñan título da ESO ou Bacharelato e desexen cursar certificados profesionais que inclúen como requisito esa formación

21/05/2025 | 18:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a planificación de Galicia para atraer talento dun xeito ordenado fronte ás viraxes do Goberno ante o novo regulamento de estranxeiría

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe en Ferrol na segunda xornada doI Foro de estranxeiría 2025, na que remarcou a aposta de Galicia por captar traballadores da man das empresas galegas