Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta de Galicia publica hoxe no DOG a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos terreos para ampliar a contorna da lonxa de Barallobre
Portos de Galicia investirá 185.000 euros na estabilización dos noiros lateral e posterior ao edificio da rula do municipio de Fene e incrementará o espazo do paso circundante para mellorar a seguridade do tránsito de persoal ou maquinaria
O Consello Reitor de Portos de Galicia aproba a declaración de innecesariedade de terreos en oito municipios para avanzar na súa reversión ao estado
O ente público remata así os trámites da súa competencia nos peiraos incluídos na primeira fase do procedemento de devolución á Administración Xeral do Estado da titularidade de solo que rexistra uso público veciñal para que se transfira, no seu caso, aos Concellos
A Xunta impulsa a expansión exterior do tecido industrial marítimo-pesqueiro galego cun investimento de 90 M€
Na actualidade, Galicia é 15ª potencia exportadora mundial de produtos pesqueiros, alcanzando as empresas en 2023 un volume de facturación de 2.800M€
A Consellería do Mar e a Federación de Confrarías de Pescadores da Coruña asinan un convenio para cubrir gastos correntes por valor de 125.000 €
Alfonso Villares enxalzou o labor do colectivo presidido por Daniel Formoso que agrupa a 35 confrarías da provincia, con máis de 5.000 afiliados e 2.600 embarcacións e agradeceu a súa coordinación coa Xunta de Galicia para traballar pola mellora do sector
Villares destaca que a primeira oficina da rede Es.Mar permitirá afondar na competitividade e transformación do sector pesqueiro mediante un maior aproveitamento dos fondos europeos
O responsable autonómico recordou que a de Ferrol é a primeira das sete que se irán inaugurando nos vindeiros días e que tamén estarán localizadas en Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Ribeira, A Coruña e Viveiro
A Consellería do Mar executou preto do 84% dos fondos FEMP e mobilizou máis de 575 M€ no período 2014-2023 en favor do sector pesqueiro galego
A secretaria xeral técnica puxo en valor as medidas postas en marcha polo Goberno galego para mellorar a xestión destes recursos como a ampliación dos recursos humanos, reprogramacións de medidas ou a simplificación das convocatorias
Portos de Galicia proxecta estudios con prototipos a escala para escoller a mellor alternativa técnica para reforzar a seguridade en Malpica
Os orzamentos da Xunta de Galicia contemplan unha partida de 250.000 euros para estes traballos e outra de 1,2 para dotar de departamentos ao profesionais malpicáns
Villares pon en valor os apoios autonómicos á comercialización e promoción do consumo dos produtos pesqueiros galegos
O conselleiro do Mar lamenta que esta liña de traballo non sexa compartida polo Goberno central que, ademais, continúa poñendo atrancos negándose a rebaixar o IVE aos alimentos mariños e promove a reducción do consumo nos centros escolares
Alfonso Villares anuncia unha nova convocatoria de axudas Galp no primeiro trimestre que contará cunha dotación plurianual que alcanza os 14,6 M€
O responsable autonómico destacou o impacto dos proxectos financiados pola Consellería do Mar a través dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro como o desenvolvido no concello de Cabanas cunha subvención que alcanzou os 200 mil euros