Actualidade
Buscador de novas
A Xunta demanda ao Goberno un “esforzo adicional” para compensar a suba do SMI no financiamento dos centros especiais de emprego e empresas de inserción
José González tamén pediu ao Executivo un debate conxunto ante retos do mercado laboral como o absentismo laboral non xustificado ou a cobertura de vacantes, incidindo na aposta de Galicia por flexibilizar a formación e atraer talento
Martina Aneiros alenta aos alumnos do Obradoiro de Garantía Xuvenil ‘Inicia VIII’ a aproveitar esta oportunidade formativa financiada pola Xunta
A delegada territorial de Ferrol, visitou esta mañá a nave de San Marcos, en Fene, onde os 13 participantes neste itinerario están a recibir formación na especialidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
A Xunta unifica nunha mesma orde dotada con máis de 28,5 M€ as axudas aos centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas coa que o Executivo galego busca favorecer a empregabilidade de máis de 7.000 persoas con discapacidade e de 170 en risco de exclusión social
A Xunta destaca o papel dinamizador do polo do Porriño, que xa contribuíu á creación de preto de 50 iniciativas empresariais na contorna
A visita enmárcase nas actividades da Semana da Administración Aberta 2025, unha iniciativa global promovida pola Alianza para o Goberno Aberto á que Galicia se suma un ano máis para fomentar o achegamento da cidadanía á administración pública
A Xunta convoca mañá as axudas deste ano do programa de primeira experiencia profesional co que calcula beneficiar unhas 650 persoas mozas
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, resalta que a orde estará dotada de 6,3 M€, “un 50% máis que o ano anterior”
Manuel Pardo sinala aos obradoiros duais de emprego como unha ferramenta para incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas
O delegado territorial explicou que no obradoiro de emprego ‘Camiño de San Rosendo e da Raínha Santa II’ a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste preto de 412.000 euros na formación de 20 alumnos – traballadores; 10 no módulo de operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas; e actividades auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, e outros 10 no módulo de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes; e repoboacións forestais e tratamentos silvícolas
A Xunta defende o diálogo social como o marco fundamental para buscar solucións conxuntas aos desafíos do mercado laboral
José González advertiu que o novo regulamento estatal de estranxeiría, aprobado sen atender as alegacións de Galicia e que desbota as microformacións na vía de formación para o arraigamento, vai ser moi prexudicial e xera incertezas
A Xunta colabora en Santiago de Compostela nunha nova xornada do proxecto ‘O Camiño do emprendemento musical’
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, a directora xeral de Xuventude, a directora xeral de Promoción da Igualdade e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe na nova xornada da iniciativa na Cidade da Cultura